Caxigalines nella Reguera'l Campizu

19 novembre 2007

PIOGGIA


And what did you hear, my blue-eyed son?
And what did you hear, my darling young one?
I heard the sound of a thunder, it roared out a warnin',
Heard the roar of a wave that could drown the whole world,
Heard one hundred drummers whose hands were a-blazin',
Heard ten thousand whisperin' and nobody listenin',
Heard one person starve, I heard many people laughin',
Heard the song of a poet who died in the gutter,
Heard the sound of a clown who cried in the alley,
And it's a hard, and it's a hard, it's a hard, it's a hard,
And it's a hard rain's a-gonna fall.

21 commenti:

Anonimo ha detto...

Está ben a frase.Miles falando e ninguén escoitando...

Altra canzone ancora

Anonimo ha detto...

É que está a chover moito en Vigo ou é que anda melancólico e abatido?

Grande Dylan, of course.

Zerovacas ha detto...

"Well, I wake in the morning,
Fold my hands and pray for rain.
I got a head full of ideas
That are drivin' me insane" (Maggie's farm)

Mario ha detto...

A canción podíamoslla adicar á choiva, onde estiveches todo este tempo, filla de ollos tristes?

Xaime ha detto...

Mexan por Nós, e temos que dicir que chove

Anonimo ha detto...

"Nobody feels any pain
Tonight as I stand inside the rain"

É que tiven que ir pasear a cadeliña...

Anonimo ha detto...

Chuva,esta vez pra cinéfilos:

bágoas na chuva

Xaime ha detto...

Sr. Xohan da Coba, remata vostede de enlazar a secuencia máis impresionante da historia do cine. Noraboa e saude da miña parte a súa Rachael.

Anonimo ha detto...

Daréille saúdos á miña dona da súa parte,Don Xaime.Pero non se chama Rachael,nin nada parecido.Non me confundirá vostede cunha persoa cuio primeiro apelido empeza por "F".?

Anonimo ha detto...

Agora que o penso,non é o primeiro senón o segundo apelido...

Xaime ha detto...

Non se preocupe, só era por que a replicante da que se enamora Deckard -Harrisón Ford- en Blade Runner chámanlle Rachael.
Noutro orden de cousas e como non sei enlazar, estou perdido, busquen en You Tube,
Bryan Ferry-Knocking On Heavens Door-Distortion, esa sí que e choiva, música e unha versión.

Anonimo ha detto...

Blade Runner foi unha das miñas películas preferidas; digo foi porque boa parte da súa seducción foi esvaíndose co tempo. Aínda fica a sensación da primeira vez e voume quedar con ela.

Anonimo ha detto...

Knockín´ on heaven´s door?

Vamos deixar que sexa Arume dos piñeiros quen nos dé o acompañamento musical.Xa sabe,oito semicompases de estrofa e catro de estribillo según:

V: Sol Re lam lam7/Sol Re Do Do
C: Sol Re Do Do

I eu canto:

Mama téik dis bax from miiií
Ai can iúsit enimóor
Is gérin dark chú dark tu síii
fil laik áim nókin on jévens dór

(Tamén pódio improvisar sobre Sol maior diatónica ou pentatónica mentras Arume toca...)

Menudo dúo,Arume d.p. i eu...

torredebabel ha detto...

sentalle ben a melancolia que espera a chuvia a este blog seu, admirado arume.

Anonimo ha detto...

Vostedes quitan a un a melanconía duns pixelazos (con perdón). Moitas gracias.

Xaime ha detto...

O meu fillo Uxio, a quén teño suficientemnte adoutrinado como para que diga que á de Dylan é a millor canción de pop que hai -xa saben os rapaces, ou a millor ou non existe- sostén que os toques de chamar as portas do ceo, son cando un está morrendo e ouve conscientemente os últimos palpitos de seu corazón.
Vai para artista, pobriño.

Anonimo ha detto...

Joer,Xaime.O seu fillo é un xenio!

Xaime ha detto...

oiu da Coba, agora que están todos traballando, e estamos sós, ninguén nin neste blog do Arume nin no outro de Auria falan do 20-N. Sonlle un pouco progres.
Vaia cagalla collín este día no ano 75, como que pechamos o Zum-Zum en Compostela.

Anonimo ha detto...

Pois tén vostede razón.Habería que celebrar cada 20-N con outra cagalla coma aquela,e polo mesmo motivo.Eu vóulle mandar un grolo e un cigarro puro.

Xaime ha detto...

Que lle aproveite, xa que eu xa non bebo, pola edá, e fumar só porros, polo mesmo

R.R. ha detto...

Pioggia, ¡porco goberno!
(Xa me corrixirá o "italiano")