A Venus do espello velazqueña leva boa parte da súa vida na National Gallery de Londres. Vela ao solpor londinense os mércores, cando a xente regresa ás súas casas e deixan baleiras as salas os turistas, é unha experiencia emocionante. Agora ven a Madrid pasar uns días ao Prado. Non sei se lle sentará ben tanto balbordo, tanto movemento. Máis agora que a ampliación, co buxo toscano de estrela (velaí o paradoxo da "intervención" de Moneo, por outro lado para mín convincente), atrae aos cidadáns de forma masiva. Será a conmoción para este outono. Como case sempre que viaxa un velázquez polo mundo adiante. Cando está alí, na Gallery, tranquila, poucos, desde aquí, lle facemos caso. O servidume da fama.
9 commenti:
Encantame o arte, xamais esquecerei o meu peferos de Historia da Arte, quen me ensinou a ver mais aló da pintura
Encantame o arte, xamais esquecerei o meu peferos de Historia da Arte, quen me ensinou a ver mais aló da pintura
Esperemos que se atope cómoda.
Amigo Arume:
Onte contoume un señor moi importante, que segue o seu blog e que admira e comparte a súa filia italiana, que non lle prestaba moito o fondo negro de pantalla. Pensa mudalo algún día?
Fada Branca: Pois Velázques é o máis alá da pintura, xunto con Caravaggio, de quen aprendeu que o marco dun marco é unha sinal convencional que asulaga o horizonte.
Peke: cómoda non lle sei, pero seguro que acompañada moito máis ca en Londres.
Apicultor: moitas veces teño pensado niso, porque despois de lelo e pasar a outro blog en branco, pásame coma naquelas estampas de santos ou personaxes históricos: que quedan en suspensión sobre o outro. Pero gústame moito (vexo que non hai moitos así e eu sonlle un pouco ou moi rebelde) e non sei se serei capaz de cambiar: recórdame o encerado de pequeno. Vouno someter a enquisa: quen quere que cambie o fondo negro do blog?
Se non é moi complicado facelo, podería alternar o fondo: unha semana unha cor e outra semana outra. A min váleme como está, non obstante.
Xa lle chega Apicultor, por riba de beberllo o cava de Xohan da Coba lle di que troque a color do blog.
En tanto a enquisa, a ver, Sr. Arume, ¿cándo cambia o color do fondo?, pregunto, non-o hai máis negro?.
O negro de fondo da unha boa lectura.
Como pasamos bastantes horas nestes blogs que nos engaiolan....
pois ..Faga o que queira
Arume, aquí ten outro argumento, hoxe nas Uvas, copiie como sei, non son experto nestes trebellos
2 comentariosCierra esta ventana Ir al formulario de comentarios
bagoas insomnes dijo...
Si Google tivera una pantalla negra, tendo en conta a gran cantidad de persoas que o usan, se calcula que aforraríanse unos 750 megavatios/hora anualmente.
Como respuesta a isto, Google creou una version negra, llamada Blackle, cas mesmas funcions que a version en branco pero cun consumo de energía menor.
Dilo por ahi y úsalo, cada poquitito cuenta, no? .....
http://www.blackle.com/
así para aqueles que teñan blo e lles interese esta información podedes tamén aplicala o voso blo, e que o fondo sexa negro.
Un saúdo Marcos, dende a Coruña e botando moito, moito de menos as terras aurias.
mié nov 14, 10:14:00 AM
Posta un commento