Caxigalines nella Reguera'l Campizu

21 febbraio 2008

BLU DIPINTO DI BLU


Italia celebra estes días os cincuenta anos dunha canción inesquecible na voz dun mito: Volare e Domenico Modugno. Coas bágoas que inevitablemente nacen nos ollos, pero coa vitalidade asoballante da súa música, hoxe quero eu tamén incorporarme á homenaxe.

3 commenti:

Xaime ha detto...

Os católicos nunca temos sorte e se somos dos Celtics menos.

bouzafria ha detto...

Modugno, Celentano, Cinquetti, Dalla... grandes nomes.
Veño de ler que Volare só quedou de terceira no Festival de Eurovision, o que demostra unha vez máis (xunto á ignominia de que non gañara Rosa de España con Europes living a celebration, e anos antes Jaime Morey) o inxusto do concurso.
A wikipedia tamén di que no 2005 outro xurado dixo que Volare foi a segunda mellor canción da historia do concurso, despois de Waterloo de Abba. Con todos os meus respectos para o xurado, Volare é infinitamente mellor, ou Poupee de Cire de France Gall, ou tamén Puppet on the String de Sandie Shaw.
Por certo, e off topic: Coróname Totti, paréceme un futbolista excelente.

apicultor ha detto...

Extaordinaria canción, extraordinario cantante. Súmome rendido á homenaxe.