Vaia por diante unha confesión: sempre quixen vivir en Barcelona. De feito vivo en Barcelona esta mesma vida que vivo en Vigo. Cando visito aquela cidade, visítome a mín mesmo, e aínda que me pregunto que tal me vai, en realidade, sei todo de mín. Vou máis que nada por verme de novo, alí trasplantado, no espello oriental desta ría, nun terrat morno desde onde ler a liña curva das Ramblas.
Nessun commento:
Posta un commento