Caxigalines nella Reguera'l Campizu

8 febbraio 2008

DIGUEM NO








Para Zerovacas.
Andan os pepeiros sacando á opinión pública ese tipo de comentarios que só escoitamos nos bares despois de media ducia de cañas e tras unha discusión vehemente de escasa altura intelectual. Nese contexto, admitimos que os nosos amigos (por selo) poidan chegar a dicir barbaridades semellantes, excusados polo encebolamento e a perda completa do xuízo racional. Pero só neses casos excepcionais, coa reprensión e mesmo o cabreo inevitable (e por veces irritante e molesto, para que negalo!) pola nosa parte. Non acabamos peor porque sabiamente os máis discretos apuntan a un cambio de bareto para proseguir a noite e o debate queda interrupto ata novo encontro.



Pero o que parece inaceptable é que os exabruptos etílicos sexan agora en boca de políticos da dereita (españolista e catalanista, polo que vexo) un modo de expresión severa e aparentemente razonada. Que se os inmigrantes colapsan as urxencias, que se teñen que asinar un compromiso de que van cumprir as leis, que se en España non é costume roubar ou amputar unha man ao que delinque (como rebatía hoxe Pizarro o comentario do impresentable embaixador de Irán), que se serven mal o café (como comentaba nun foro de empresarios o nostálxico Arias). Este tipo de comentarios, lonxe de conciliar ás novas persoas que veñen ao noso país a buscarse a vida, provocan un estado de cousas axitado, un veleno social destinado a alterar de forma irresponsable a convivencia. Se o que se busca é compracer á xente que ademáis nin siquera sabe deste fenómeno e que só apreza os seus pormenores superficiais, o paso ao populismo de corte fascista (como apuntaba un candidato a senador do PP) está máis que claro. Pero se busca que a vida neste país transcurra polos canles normais de convivencia e boa relación entre as diferentes culturas, unidas por un inexcusable respeto aos dereitos humanos, ao estado de dereito e á libertade dos individuos, deben evitar esta especie de discurso miserable, indignante, que só pode levar á carraxe e a ollada temerosa dos cidadáns deste país.

Fotos: Metro Universitat, Barcelona, 3 de febreiro de 2008. "A xente non se vai do seu país por gañas, senón por fame. Pero en Catalunya non cabemos todos." Debaixo un comentario sobre o cristal: "Logo, vaite ti".

2 commenti:

Zerovacas ha detto...

Absolutamente de acordo, obviamente. Chapó. Está claro que o tema da inmigración xera ou pode xerar réditos electorais, creo que non tanto agora, mais si nun escenario de crise económica. Daquela haberá que buscar chivos expiatorios, e sempre perde o máis feble.

As dereitas son dereitas. E é nestas cousas onde se distinguen. E onde se distinguen os nacionalismos, nestes conceptos que a min, por exemplo, parécenme disparatados, como o de fronteiras, dereitos adquiridos, ou propiedade: ¿o noso país? ¿de quen? ¿é máis meu por ter nacido aquí?

En breve eu farei tamén unha escapadiña a Barna. Un saúdo

arume dos piñeiros ha detto...

Engado dúas actualizacións:
1. O meu amigo Hassan chama directamente xenófobo a Rajoy: está totalmente indignado.
2. O meu amigo Ramón, que traballa na sección de estranxeiría da polic
ía, infórmame de que os estranxeiros que pasan por alí están completamente asqueados coa proposta de Rajoy.