Caxigalines nella Reguera'l Campizu

24 febbraio 2008

MÍTICA FABADA

Un viaxe de sur a norte e de norte a sur nun domingo de choiva, 24 de febreiro, que quedará rexistrado na miña memoria por xantarmos unha das mellores fabadas da mítica factoría materna ou Casa Tere. Morcielles de Aller, chourizos de Pajariel, touciño de As Pontes e fabes de la granja en estado de gracia crearon a lume lento unha obra mestra. Para darlle adorno de gloria concurriron un queixo "afuega'l pitu" da Foz de Morcín, excepcional, e un viño modesto pero sensacional como un Palacio de Arganza vilafranquino. Unha lingua da confitería Solla (un dos postres máis perfectos que se poden atopar en Vigo, rúa Uruguai) foi exquisito preámbulo dun café solo que culminou unha xornada inesquecible: domingo, 24 de febreiro de 2008, dúas da tarde, rúa Manuel Azaña, A Coruña.

11 commenti:

Xosé M. González ha detto...

Os viños de Daniel Vuelta teñen, en efecto, unha excelente relación calidade-prezo; debería dicir tiñan, porque hai anos que non bebo ningún Arganza, pero a peor é de supoñer que non irían.

Ora que lle digo unha cousa, Arume: cando vaia a Ponferrada, rañe no peto e vexa de facerse con algún dos novos bierzos. Por recomendar algo experimentado hai pouco, cítolle un Peique (Valtuílle de Abaixo-Vilafranca); non penso que o disguste.

Xoan da Coba ha detto...

A miña dona ven de chegar de un congreso de fin de semana na cidade de León, e chega asombrada da beleza da cidade e do mercado que ao parecer se fai todolos domingos a carón do río. Tanto, que quere voltar o fin de semana que ven, xa conmigo,en plan relax. Eu só estiven unha vez en León, xa fai bastantes anos. Poderíame recomendar, Arume d.p., algún lugar especialmente bó pra comer ou cear nesa cidade? Se ten noticia de algún, claro.

arume dos piñeiros ha detto...

Saavedra: teño entendido que andan subidos moi á parra polas terras bercianas con iso dos viños. Pero probarei ese que vostede recomenda. Vouno buscar só para darlle opinión. Tomo nota.
XDC: León sempre foi unha cidade fermosísima, ademáis de moi limpa e cuidada, cun urbanismo case modélico para este país. O paseo de Papalaguinda é exemplar, así como o entorno de san Marcos ou o da Catedral, branca e brilante. O barrio húmedo ofrece marabillas, pero deixeme buscar quen poda darme datos fiables. Hai dous anos fun por alí e comín nas aforas, nunhas adegas baixo terra nun lugar que se chama Quintana de Raneros: La catedral de las bodegas creo que se chama o restaurante. Unha experiencia boísima, agás para claustrofóbicos.

Xosé M. González ha detto...

Son caros, Arume, en efecto. Pero o Peique do ano, mercado na adega hai dous, debérame quedar en menos de catro euros, ou por aí. O Selección Familiar (ou algo así), que é o alto de gama, dezoito ou vinte; pero ese está esperando, e ha seguir probablemente máis dun lustro.

De Valtuílle a Ponferrada non haberá dez quilómetros; digo, por se lle interesa achegarse: calquera lle dirá da adega dos Peique, unha nave ben fea nas aforas.

occam ha detto...

como abusa da sua nai!! Farcerlle cociñar todo o domingo para vostede... Invitea a comer fora, home, que seguro que xa traballou arreo para crialo

Xoan da Coba ha detto...

Outro sitio fermoso ao que teño que voltar é Luarca, en Asturias. Nas numerosas tendas de productos típicos venden unhas bolsas con todolos ingredentes da fabada, xa mixturados na proporción xusta.

tangaranho ha detto...

Três palavras:

Caralho como vives!!!

torredebabel ha detto...

carai! mesmo coa tarde quente de verán que temos aquí prestábame ben unha cea como a da foto!!! Que saiba que sementa envexa mesmo ao lonxe.

peke ha detto...

Este post dá fame. :)

Ana Bande ha detto...

Para mañá fabada, grazas Arume, quitoume vostede un peso de enriba. Que teima a dos blogueiros co tema gastronómico, curioso.

la rata bastarda ha detto...

Sr.Arume,vexo que chegoulle á alma os meus mexilóns de Lorbé...juas,juas,juas