Caxigalines nella Reguera'l Campizu

6 febbraio 2008

MERCAT DE SANT ANTONI


Diumenge al matì. As mañáns dos domingos en Barcelona teñen un sentido completo coa visita ao Mercat de Sant Antoni. O mercado sitúase xa en parte do Eixample, non aquela máis coñecida do norte, senón a que media entre o Paralelo e o barrio do Raval. A primeira vista o visitante aprecia os típicos postos de venda de libros antigos, pero un garbeo (expresión ben barcelonesa) por entre aquel revoltallo de xente serve para vivir Barcelona dun modo fundamental. Venda de xogos de ordenador obsoletos, deuvedés, videos, libros, comics, postais, sellos, revistas, calendarios, cartaces ou tapas de botellas de cava. E o máis curioso e característico: feixes de persoas (nenos acompañados dos seus pais, desde tempos case esquecidos) ao longo do edificio octogonal (que cumple 125 anos de arquitectura moderadamente modernista) que intercambian cromos de toda clase, época e especie.
Non se pode presumir de coñecer Barcelona e non asistir a este espectáculo único no mundo.

9 commenti:

Anonimo ha detto...

Supoño que non deu con ningún Batman ou Spiderman facendo os seus trocos de cromos como me pasou algunha mañá...

Barcelona non esta mal, pero Galicia, segue sendo o mellor lugar para vivir...

ARUME DOS PIÑEIROS ha detto...

Hai que confesar que o mercat é o reino do frikismo máis heavy. Insuperable en moitas ocasións, por moito que un pretenda imaxinar.

Xaime ha detto...

Foi o Nou Camp?

Xaime ha detto...

A cidade amén de ter moita xentiña nosa ten as torres da Sagrada Familia de Gaudí que se remataron no taller de Begonte de Manuel Mallo, por poñer un exemplo.

arume dos piñeiros ha detto...

Moita, moita. E vai por barrios e por rúas. E, de seguro, que esas rúas son unha traslación completa de familias ou aldeas de Galicia. O que me chocou foi a fusión de artigo e nome en moitos deles, como Obarazal, que parece á primeira ollada o nome dunha taberna vasca.

arume dos piñeiros ha detto...

Moita, moita. E vai por barrios e por rúas. E, de seguro, que esas rúas son unha traslación completa de familias ou aldeas de Galicia. O que me chocou foi a fusión de artigo e nome en moitos deles, como Obarazal, que parece á primeira ollada o nome dunha taberna vasca.

Zerovacas ha detto...

Un gran lugar o mercat de sant antoni. Boas mañás de domingo

r.r. ha detto...

Veño a disculparme por deixalo sen recomendación teatral, pero eu descoñecía a carteleira barcelonesa destes días e o meu informador esqueceu informarme, aínda que haberá que excusalo porque anda ben liado. Síntoo, señor Arumes.

Modesto Fraga ha detto...

Lástima do seu català para o exame que teño o vindeiro luns.
Adéu-siau, amigo Arume.