Caxigalines nella Reguera'l Campizu

1 febbraio 2008

GOLEADA ESCANDALOSA


Un clásico de finais de Xaneiro: a entrega de premios aos mellores expedientes das distintas carreiras e ás mellores teses do curso anterior 2006-2007. Aos sons de Cohors generosa, unha deliciosa cantiga estudiantil que concorda en emocións co inigualable Gaudeamus Igitur, foron outorgados hoxe nesta mañán de choiva e vento.

Constatouse unha vez máis a insuperable hexemonía das mulleres na consecución de tales premios. En termos futbolísticos, unha malleira de escándalo. Canto tardaremos en ver esa superioridade aplastante (dun 8o% calculei eu a ollo) nos chanzos eminentes onde aínda hoxe escasean?

Noraboa, en todo caso, para Lucila y, sobre todo, para Susana, un talento que probablemente acabará (e gracias) en Montreal, requerida por aquelas xentes.

3 commenti:

Nuca ha detto...

tardaremos uns 10 anos en velas, xa que é o tempo medio que han tardar en estabilizarse as que, unha vez doutoradas, sigan a carreira académica

Anonimo ha detto...

Se as deixan.

torredebabel ha detto...

levo dez anos dando clase na universidade e non podo máis que concordar con esta anotación que -por certo- xa lera por aquí. O triste é que eses datos poucas veces se manteñen igual logo dos estudios: no mundo do emprego, eles gañan mais, mesmo diante de mozas que son máis listas, máis responsables e cunha formación superior.