Caxigalines nella Reguera'l Campizu

31 luglio 2008

FECHADO POR VACACIÓNS/ CHIUSO PER FERIE

Levo case todo: estou agora mesmo rodeado polas maletas. Mapas, reservas, libros, direccións. Sairemos en coche mañán pola mañán castela adiante, país vasco mediante e toulouse parante. Dalí partiremos rumbo ao mare mediterráneo e ás terras italianas (ou non) da liguria, piemonte, lombardía, véneto. O sábado e o domingo dormiremos en padova: o luns chegaremos a venezia. Non terei ordenata en que facer anotacións. Levarei un caderno para anotalo todo. Á volta prometo empregar os días coa transcripción ordenada das notas. Ata entón, fecho a contra do blog. Boas vacacións e feliz verán.  

1 commento:

Anonimo ha detto...

¿En la línea del sabio granadino Don Pedro Antonio de Alarcón?