Caxigalines nella Reguera'l Campizu

21 agosto 2011

A BICICLETA


Calquera comparanza entre o uso da bicicleta (agora que o lembro miña nai nunca dixo bici) en Ferrara e en calquera cidade do mundo é inútil. Non é necesario tampouco comentar as diferencias con calquera poboación (xa non digo cidade) galega. Non pretendo falar do seu uso nin das estampas miles que ofrece a bicicleta naquel fermoso lugar da pianura padana. Eu quero traer aquí o dobre engano sufrido durante os últimos longos anos sobre este vehículo precioso neste país.
O primeiro, o de considerar a bicicleta un deporte, un modo de diversión ocasional para o que hai que prepararse concienzudamente, con casco incluido e culottes para os roces da entreperna. Ese engano oculta a condición da bicicleta como medio de transporte, como medio para trasladarse dun lugar a outro. Nada máis e nada menos, vestidos como se fosemos ir andando, cos pantalóns remangados, suxeitos con pinzas ou con abrazadeiras, con faldas ou vestidos, sen cascos nin parafernalias infernais.
E o segundo, o de arrombar as vellas bicicletas de rodas grandes, sólidas, sen cadro de cambios, cos manillares clásicos de paseo, cunha soa catalina, mesmo as de barra horizontal, mesmo aquelas de paseo de finais dos sesenta, máis lixeiras e manexables. Arrombalas, tiralas, deixalas nos rochos no mellor dos casos, e substituilas polas incómodas e impropias bicicletas de montaña, con rodas grosas e pequenas para lameiras ou corredoiras infames, manillares rectos e baixos para obrigar ao/á ciclista a imposibles posturas, negadas todas elas para o disfrute da paisaxe. Unha ou varias xeracións enganadas coa compra dunha inútil bicicleta, mentres os vellos aparatos, moito máis doados de manexar e moito máis elegantes e descansados, moraban no limbo dos xustos.
Ver esas bicicletas en Ferrara -as vellas varias veces arranxadas e as novas, construidas a imaxe e semellanza das antigas, levadas con aristocrática calma por toda clase de persoas, sen chegar ao incómodo suor- produce non só o pracer da descuberta das infancias de case todo un século (todo o XX) senón a lamentable constatación de ter vivido estes últimos anos nun país enteiro de novos ricos, felices de deixar morrer aquelas fermosas bicicletas polo doce engano de montar nunhas mountainbikes de sillíns con forma de xiringa e e cadros pintados de fósforo de supervanadio e hipermolibdeno.

4 commenti:

Heitor ha detto...

Adhírome á súa reivindicasión da bisicleta como medio de transporte, adecuando as súas características ás nesesidades espesíficas, porén, debido á típica orografía ghalegha, se ben poderiámonos quedar cunha soa catarina, o cambio de piñóns seghiría a ser nesesario para que fose un medio de transporte verdadeiramente efisiente polo país adiante, pero dende logho, nada que ver cunha bisicleta de montaña.

Anonimo ha detto...

Don Arume, estoy con usted en que son preciosas, pero pesan mucho, no son nada ligeras y además sólo sirven para lugares muy llanos.
¿Nunca ha montado usted en una buena bicicleta de montaña, que puede subir, sin casi esfuerzo por una pared? La ropa que se utiliza es lo de menos, si se camina poco tiempo el culote es innecesario, el casco es una medida de seguridad, se puede utilizar solamente si se baja a mucha velocidad, pero en mountanbike se puede pasear suavemente por caminos rurales, y por pueblos y ciudades, igual que en sus favoritas. Le aconsejo que pruebe y utilice los cambios. piñones y catalinas hacen mucho más relajado el esfuerzo.Cuando se compra una bicicleta, te miden las piernas, y los brazos. El cuadro es a la medida aproximada de cada uno. la bicicleta tiene que ser a la medida propia, pero si vas a pasear una hora o dos, suavemente por una ciudad llana y adhesible, no importa nada más que el buen gusto. Tiene usted razón.Para caminar 30 Km a pie haciendo una ruta de montaña usted elegiría un buen calzado apropiado y cómodo, ligero pero resistente, para ir paseando por una ciudad asfaltada, poco importa... si eres chica y llevas tacones si, el maravilloso suelo empedrado, lleno de irregularidades y lisura, hace casi imposible el hecho de caminar.Pero no se pueden comparar los playeros con los tacones. Me inclino más por los segundos.Igual que usted con sus bicicletas.

arume dos piñeiros ha detto...

O meu comentario non quita que utilizar mountainbikes e facer ciclismo como deporte non sexa unha actividade excelente. O que digo é que acabou por anular a concepción primixenia das bicicletas e por facer esquecer un tipo de vehículos que antes se empregaban para paseo e, sobre todo, para trasladarse dun lugar a outro. E que acabou por facer desaparecer un tipo de bicicletas que cumpría a súa funcións perfectamente. O da roupa e o da seguridade é fundamental se pretendes baixar por costas de 7 ou 8 por cento de desnivel ou vas por vías transitadas. Pero fóra diso non lle vexo eu a razón, salvo o moderno velar extremo pola integridade física das persoas. En Ferrara ninguén leva nada.
As bicicletas que empreguei non eran tan pesadas e, por suposto, andar por terreo chan non é o mesmo que camiñar por Vigo. Aínda que toda a franxa costeira pode facerse dese xeito. Aínda estamos esperando a que fagan as correspondientes vías ciclables, como din en Italia.
Moitas gracias, en todo caso, polos comentarios.

Anonimo ha detto...

Pois eu, se non lles importa, e con perdón, voulles cambiar o choio, para solicitar unha axuda que preciso. Ando como tolo na procura do xentilicio que corresponde aos habitantes do pobo maragato Castrillo de los Polvazares, e non consigo nada. Nada de nada. Aparte do señor Arumes, por aquí adoita asomar xente moi leída de notable sabedoría. ¿Poderían aportarme algo? Moitas gracias.

Por certo, a última vez que montei en bicicleta, atropelei un burro. O amo do animal cabreouse moito.

Castrillo de los Polvazares, busquei por Castrillo, por Polvazares, mesmo por Murias, e nada. A ver se me din algo, ho...