Caxigalines nella Reguera'l Campizu

8 dicembre 2008

VIA AURELIA



Leo a entrevista de Toni Servillo en EL PAíS mentres escoito, en dous tempos, por dúas canles,  Alice de Tom Waits. Facía tempo que alguén non dicía nada tan intelixente nos xornais. Hai que vivir nunha cidade vencida, nun dos lugares máis fermosos do mundo, para sinalar a eiva.  
Soa Downtown Train para lembrar o que somos.

Nota: baixei por esta vía Aurelia de Il sorpasso o mércores á tarde cando fun Vittorio Gassman baixo o frío e a chuvia de Italia.

1 commento:

Ana Bande ha detto...

buaaaaaaaaahhhhh Tom, non sei o que me gusta máis, a súa voz, as letras, os seus zapatos....