Caxigalines nella Reguera'l Campizu

9 gennaio 2009

9 XANEIRO

11 commenti:

Anonimo ha detto...

E moitos de eles, que perderon o traballo nos últimos meses, inda están cobrando paro. Xa verá cando se lles acabe.

Anonimo ha detto...

Lamentablemente si, a situación aínda vai empeorar.
Saúdos e feliz ano.
X

Anonimo ha detto...

Chamádeme imbécil (é un xeito de falar, coidado), pero para min que o peor xa pasou ou está pasando agora mesmo. Non creo que vaia a peor. Ou iso espero.

R.R. ha detto...

Oxalá Turmano teña razón. Eu son aínda máis imbécil e confeso que non percibín moito o asunto da crise se non fose pola prensa... Será a boa vida.

Verificación de palabra: testsk. Debe ser algún tipo de cuestionario psicolóxico para detectar a imbecilidade manifesta ou algo así.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Logo xa NÓS pagaron?

Anonimo ha detto...

Nunca fixen tantas demandas de reclamacións de pequenas cantidades de diñeiro, de 3.000 a 20.000 €, e estaríame forrando se a xente pagara, pero o personal non ten un can.
Hai problemas para paga-las nóminas, as cotas da Seguridade Social, as empresas empezan a apraza-lo pago trimestral dos impostos, xa que as facturas libradas non se pagan e o IVE non se ingresa.
En fin, agollá se cumpra o que dí Turmano, pero non sei se estaremos ainda subindo a costa.
Cuidense que me vou emborrachar, e despois tirarme a via do tren como fan eses multimillonarios que se quedaron sin fortuna, ainda que pensando ben non vou estragar unhos viños desa maneira.

Anonimo ha detto...

Neso do "devengo" vótalle moito "morro" Facenda, sí.

R.R. ha detto...

Arumes:"Aquí no paga nadie", magnífico texto de fo.

Señor Von Stein: e ademáis diso, os agoreiros que sempre erran: ¿Lembran cando algúns dicían que non habería crise? Pois agora di o ministro que non chegaremos ós catro millóns de parados. Para ir sentar na taza do water e quedar alí.

http://www.elpais.com/articulo/
economia/paro/llegara/millones/
Corbacho/elpepueco/
20090111elpepieco_4/Tes

E miren que eu quero insistir e crer que non hai crise, pero é que non fan máis que meter sustos.

Anonimo ha detto...

Aquí o amigo r. r. é o único con collóns para dicir ás claras o que pensamos varios millóns (moitos) de cidadáns: ú-la crise?
Porque somos moitos (moitísimos) os que pensamos que a crise era cando os precios dos pisos, dos coches, do carburante, dos alimentos, ou das hipotecas vía euribor medraban e medraban sen conto nin tino e, a xente, convencida polos que vendían todo eso, consumía do mesmo xeito, sen conto nin tino, endebedándose ata as orellas. Pero agora, cando todo vai máis barato, e cando lle chaman crise. Vese que cando os empresarios e os banqueiros gañan, a situación económica é cojonuda, e cando deixan de gañar, é unha crise. Correcto.
Hai 3 millóns de parados, o cal é ben jodido, pero tamén é certo que, de facermos caso ao que se lía hai un ano na prensa, a cantidade de contratos basura (diseñados á mellor gloria e beneficio do empresario), temporais (é dicir, de duración escasísima, aleatoria e a discreción do empresario), mal ou directamente non pagados (que aí tamén había impagos a mazo, que conste), etc., que había daquela, debía superar a toda esa cantidade de parados. Que sexa preferible un traballo de merda a estar parado xa non o vou discutir. Que a situación de hai un ano ou ano e medio era crítica (de crise) tampouco creo que o vaia a discutir calquera. A non ser, repito, que a economía só se mida polos beneficios mercedesbénzicos dalgúns empresarios, claro.

Anonimo ha detto...

Pois tamén ten razón, Turmano, con algunhas peguiñas pero en xeral, ten razón.

Anonimo ha detto...

Eu fágome reflexiós similares ás de Turmano.
Que se vendan menos coches novos pode significar que antes se vendían bastantes máis dos que realmente facían falta. Que sólo se podia sair a cear langosta a un restaurante unha vez á semana en vez de dúas, tampouco é tan grave. Si os millós de parados se reciclan en empresas que xeneren riqueza real, xenial. Que vayan ao paro os traballadores de unha fábrica de minas antipersona, por poñer un ilustrativo caso extremo, igual non é tan grave,en termos sociáis, si o seguinte traballo que fagan xenera verdadeiro benestar na xente.

Si lles vai mal aos que ofertan "financiación", que vaian "ao tacho", e punto. Significa que o seu producto xa non interesa. Como lle pasóu a outros antes, e non recebiron axuda (interesada) do Estado.