Caxigalines nella Reguera'l Campizu

17 gennaio 2009

EXEMPLAR BABELIA


Escoitei durante moitos anos desprezos absolutos sobre Babelia, o suplemento cultural de EL PAÍS. Para decir verdade, nunca escoitei unha palabra amable. E si moitas ao mesmo tempo, como nun resorte mecánico, moi eloxiosas sobre
El cultural de Anson, sucesivamente ubicado en ABC, La Razón e EL MUNDO. Sempre pensei que a aparición de plumas académicas ou pertenecientes ao orbe canónico da universidade provocaban en xentes do gremio, seducidas máis polo nome que pola calidade dos seus textos, unha acrítica loubanza. A repetición de certos clichés no desleixo do pouco afortunado suplemento de EL PAíS e na suposta rigorosa fasquía do outro daba a impresión de que moitos nin os lían, cousa que era doadísima de comprobar. Non vou ser eu o defensor do irregular babelia, pero nunca puiden entender que lle vían de especial ao suplemento rival. 
Digo todo esto porque hoxe (e levo unha tempada co ollo ben atento) o suplemento de EL PAÍS superouse a sí mesmo. Creo que hoxe conseguiu o que levaba buscando hai moito tempo: que fose non só un lugar de referencia cultural, senón un exemplo de xornalismo de calidade, de rigor intelectual e de amenidade culta. Eu son lector de EL PAÍS desde o seu nacemento: vaian as miñas noraboas.  

14 commenti:

Ra ha detto...

Me añado.

Un saludo.

megat ha detto...

Hi!! Your blog are very nice and more info. I hope follow my blog and please click my google ads.

Anonimo ha detto...

Eu respírolle bastante mellor en Público.
E falando de fútbol,
qué, non lle é insufrible tanta felicidade barsista ?

Anonimo ha detto...

Insufrible non, pero querería saber se hai equipo en frente ou é que son así.

Anonimo ha detto...

Que se lle vai facer, eu tamén son "consumidor sabático" de Babelia. De todita la vida. Os sábados, despois de almorzar, o primeiro que fago é baixar ao quiosco polo Babelia. Pedir pido El País, pero para min El País do sábado é en boa parte o Babelia, como o do domingo o é tamén en boa medida o Dietario Voluble de Vila-Matas na edición de Catalunya (calquer día fágolle unha broma ao "jefe" do quiosco e pídolle o Dietario Voluble, a ver que cara pon e se me responde que ese xornal non o ten). Os suplementos de libros do ABC, El mundo e La Razón non os coñezo, porque non compro eses xornais, nen falta que fai. Por min xa poden escreber neles as mellores "plumas" do mundo literario mundial, que non os penso comprar. O de El Mundo téñoo visto moi por riba algunha vez, porque un amigo é adicto a el e non para de gabarme as suas excelencias. Cuando o trae, bótolle unha ollada de paxaro e acabouse, aparta de min ese cáliz amargo de pedrojota. E saio disparado para Sitges, que está un día precioso e hai que aproveitar.

Anonimo ha detto...

Consumidor sabático:
Leer todos los periódicos a veces es un ejercicio hasta saludable. La información contrastada, informa más y, desde luego, no somos menos de izquierdas por leer El Mundo o La Razón.

Buen domingo.

Anonimo ha detto...

Señor Anónimo, tanto como ler todos os periódicos... Se aínda fose unha selección rigorosa, pois non lle diría que non. Ademais, nen os regalan, nen dispomos de todo o tempo do día en oitenta mundos para enfrascarnos na sua leitura, nen coido que pague a pena. Todos veñen a contar mais ou menos o mesmo e as diferenzas entre eles non son tan apreciábeis como quixéramos. En xeral, manda o uniformismo con lixeiras variantes. Así e todo, eu gosto tanto de tomar café todos os días como de ler o xornal ou xornais, exceptuando os que xa dixen, por razóns que veñen de lonxe e que non imos tratar aquí. Sobretodo, gosto de ler certos artigos de opinión e algún que outro suplemento ou crónica "babélica".

Anonimo ha detto...

Ás veces, señor Arume, parece como se, en caendo do guindo, xulgase apropiado comunicárnolo.

Qué pasada.

Anonimo ha detto...

Ás veces, señor Anónimo, parece como se, en caendo do guindo, xulgase apropiado comunicárnolo.

Qué pasada.

Anonimo ha detto...

O ideal sería que desde Galicia poidesemos contar cun xornal que tivese un suplemento literario/cultural como Babelia ou mellor.

Anonimo ha detto...

Podería haber. A cuestión é saber se hai interese. É probable que os editores ou directores de xornais de Galicia pretendan outra cousa.

Anonimo ha detto...

Máis ou menos é evidente -Carina Mourelo ou Mourelle mediante- que a Arume non lle cómpre suplemento literario ningún.

Canta estupidez.

Se calaras... Ah, pero non podes: o blog é teu.

Anonimo ha detto...

Amiga anónima: non sei se será vostede a mesma/o mesmo que leva amosando certa inquina (por non empregar outro termo) contra todo o que eu poño. Non sei o que lle puiden facer. Sinto moito enoxala/o tanto. Non é a miña intención escribir para molestala/o. Pero vexo que ademáis aproveita para me insultar. Non o entendo. Pero, en fin.

Anonimo ha detto...

É evidente que non se pode caer ben a todo o mundo. Non obstante un blog, este blog, non é de visita obrigada para ninguén, así que se non lle gusta o que di o anfitrión (ata o punto de parecerlle estupideces) podería vostede evitar entrar nel.
En todo caso, e se lle gusta entrar, eu supoño que a Arume non lle parecería mal que alguén confrontara opinións con el, xa que para iso escribe aquí, pero sen faltar. Explique vostede razoadamente por qué lle parecen estupideces.
E por último: agocharse no anonimato para insultar é dunha baixeza sen límites. O anonimato é unha opción lexítima, pero unha opción que obriga a manexarse coa máxima educación e respecto.