Caxigalines nella Reguera'l Campizu

12 gennaio 2009

GRANDILOCUENTE ABANDONO


O post de hoxe de Brétemas láiase do presente da Fundación Penzol e do futuro máis ou menos inmediato que lle agarda. Polo medio, a amargura dunha persoa de xenerosidade admirable: Fernández del Riego. 
Pero que agardar dunha clase política afociñada na enésima reconquista, nos planos e contraplanos de Moneo, nas ereccións líquidas de Nouvel ou nos espellos máxicos que nada devolven de Mayne? 
Que se pode esperar deste espectáculo grandioso edificado sobre o baleiro máis absoluto cando uns poucos pero doctos libros xuntos esmorecen esquecidos nunha recoleta praza da princesa, entre tantas memorias tristes? 

4 commenti:

Anonimo ha detto...

Debiaselles caer a cara de vergoña ás autoridades viguesas, pasadas, presentes e, moito me temo, tamén futuras.

Ana Bande ha detto...

Vigo vs cultura, coma sempre, é para chorar o desta cidade. Non hai bibliotecas, non existe arquivo nin arquiveiros, derrúbase o escaso patrimonio que queda de desfeitas anteriores, érguense museos para o baleiro, péchanse bibliotecas que non se sabía que existían...e agora a Penzol, unha xoia pola que moitos venderían a súa alma ao diaño...unha verdadeira historia local da infamia da que avergoñarse per saecula.

Anonimo ha detto...

Cando falan da cultura, aos diferentes gobernos o que lles interesa é facer "actuacións" en "espazos" (permítanme empregar esta linguaxe coa que pretenden tomar o pelo) ben visibles para os votantes. Moito rebumbio e, sobre todo, que se vexa ben clariño quen fixo a obra. Por iso o carameliño, en principo amargo, da Cidade da Cultura pode ter un final feliz. É a caverna de Platón.

Por iso me aledou moito ler hai uns días unha noticia referida a unha caixa de aforros navarra. Resulta que os seus clientes puideron votar para decidir en que se ían gastar os cartos que por lei van destinados á comunidade. Pois ben: a maioría votou para que se gastase máis en servizos sociais e menos neses mamotretos culturais tan visibles como escasamente útiles os 365 días do ano.

Anonimo ha detto...

Quero dicir que nin a Fundación Penzol nin o legado que cedeu gratis (outros vendérono...) Francisco Fernández del Riego lles interesan ao concello. Non son son "vendibles" por "visibles" diante da cidadanía. E supoño (corríxanme se me equivoco) que tampouco poden meter o cazo para logo dicir que todo o traballo que hai detrás o fixeron eles.