Caxigalines nella Reguera'l Campizu

22 gennaio 2009

ONLY WORDS


O prodixioso
nubeiro de verbas que facilita o New York Times permite saber nunha rápida escolma as seguintes cousas:
1. Que as tres palabras máis usadas por Bush no seu derradeiro discurso de xuramento foron freedom, America e liberty.
2. Que de todos os presidentes foi Bush o que máis veces empregou a palabra freedom.
3. Que a palabra America aparece, sobre todo, nos discursos dos presidentes do século XX e de modo singular nos últimos 30 anos.
4. A palabra country, sen embargo, predomina nos primeiros presidentes. 
5. E que ata 1821 non aparece a palabra God nos textos. 

Na foto o de California.
 

4 commenti:

Anonimo ha detto...

Eu non sei se sabería usar, axeitadamente según o contexto, as palabras "freedom" e "liberty". Esta última non se escribe en letras "capitáis" habituadamente?.
Por qué a famosa estatua é da "Liberty" e non da "freedom".
Os escravos berraban por a "liberty" ou por a "freedom"?.

R.R. ha detto...
Questo commento è stato eliminato dall'autore.
R.R. ha detto...

A min sempre me fan sospeitar os que tanto e tanto e tanto falan de libertade por un lado ou igualdade por outro. Da terceira pata nunca se acordan e o conto fermoso funciona cando as tres van por xunto, se non non teñen o mesmo sentido pleno e serven (nos discursos) só para que os políticos enchan a boca e gañen votos.

Seguindo con sentidos, sobre a dúbida que o señor Da Cova plantexa: freedom é de orixe indoeuropea mentres liberty é de orixe latina. Poden usarse indistintamente cando se fala de ausencia de restriccións ou control. En xeral, liberty ten un caracter máis abstracto (e así os deuses chámanse máis Liberty que Freedom) e freedom máis concreto, máis aplicable, por exemplo, a dereitos. A ver se vale máis ou menos, pero é que é moito resumir, haille libros gordos sobre o asunto.

PD: O comentario suprimido foi cousa miña, por un erro de redacción. ;-)

Anonimo ha detto...

Hai por aí publicado un estudo que analizou a riqueza do vocabulario empregado polos candidatos á presidencia dos Estados Unidos, desde o século XIX até hoxe. A análise das transcricións deses debates amosa que en todo este tempo houbo un empobrecimento progresivo do vocabulario dos candidatos.

Son os políticos estadounidenses cada vez máis parvos ou ben é que se dirixen a un público cada vez máis parvo?

Non sei por qué pero isto fíxome pensar na pantomima esa do "Eu son Anxo Quintana"...