Caxigalines nella Reguera'l Campizu

7 gennaio 2009

OS REIS SON OS PAIS, JODER


Un concello X organiza este ano belén vivinte: os protagonistas clásicos da opereta (coas correspondentes bestas dando calor á escena) e coa xa ultimamente inevitable nota antropolóxica (para recuperarmos a memoria que desta xa vai atrofiadísima) coa presencia deses insignes oficios antigos (zapateiros, zoqueiros, fiandeiras) para rodearen a famosa familia de fillo único da dose obrigatoria de prebe enxebre. 
A cabalgata de Reis, esa impostura lamentable que, ao parecer, en Vigo, cobrou forma de recordatorio de victorias contra o francés, preside de novo as rúas cívicas e laicas deste país. Lándoas glosaba a xenuflexión villarínica: eu gloso todas as xenuflexións, coa coartada infantil, que aínda practicamos sen o pracer que este tipo de posturas proporciona noutros casos. 


Nota: foto chourizada del mi primu, santa Cristina de L.Lena.

5 commenti:

Anonimo ha detto...

Falando no bar alguén preguntou polo carallo do Belén Viviente e a boa de Fer entendeu qué tal a Danza del Vientre. Dixo: pero alí (no carallo do Belén) hai danza del vientre?
No Belén participaba tamén un neno, digamos X, que vai a clase coa miña filla, que estaba moi interesada en ir aló a ver a X queto. Non cría que fora posible velo parado.

Anonimo ha detto...

Xa se sabe que a vida está chea de mentiras. Hainas moito peores.

Anonimo ha detto...

A mín, cando de pequeno me decían que os reis eran os pais, eu decía:

- Joder, xa o sei . Tamén sei que "Ironside" non é policia, que é un actor, que non anda na realidade en cadeira de rodas. Pero cando estou vendo un episodio, non me gusta que os meu pais me apaguen o televexo, decíndome: "Veña, para cama, que todo eso non é certo, sólo é unha película".

NOTA: "Ironside" era unha serie policiaca da miña infanza:PREMER.

Anonimo ha detto...

Joder.
Cando era neno, o Ironside parecíame case un ancián. E agora paréceme un colega para ir tomar uns viños con él. Por qué será?.

Anonimo ha detto...

Por que Sr. Da Coba, pásanlle os anos sabe, e ata Arume se fai maior.