Caxigalines nella Reguera'l Campizu

23 gennaio 2009

REFLEXIÓN NO VÁTER DO DERBY


Fun onte a Santiago. Comín cun amigo que quero moito e despois fun mirar aloxamento para a filla que pretende estudiar alí. Pasei por lugares que por moito tempo que pase sempre remato por asociar coa etapa de estudiante. Santiago nunca pasará desa categoría, por moito que tente mudar a miña percepción. Ás veces trato de imaxinalo como turista de horas, de baixada de autobús e visita fugaz; mesmo apuro un largo do Franco por ver movementos distintos. Outras apunto unha ollada de turista cultureta e miro unha gárgola, un friso, unha lápida, con estrañamento. Outras aparento ser do Preguntoiro e camiño raudo entre mercerías cara a unha casa que debe existir aló por san Roque. Nada. Imposible. Sempre se impón esa perspectiva de estudiante, de residente permanentemente ausente que de forma ocasional regresa. Pero regresa para ser de novo estudiante, sen retrovisores nin nostalxias, nin recordos. Estudiante. Porque esa é a miña condición en Santiago. 

Foto do cuarto, agora arranxado, onde eu pasei seis anos da miña vida.

8 commenti:

Zerovacas ha detto...

Unha xeración máis en Compostela, pois. En canto á túa reflexión, supoño que a única maneira de facer desaparecer esa imaxe de Santiago ligada aos anos de universidade, é precisamente ficar alí, convertindo a compostela de estudante en compostela de vida diaria, inevitable e gozosa

Anonimo ha detto...

AAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAGGGGGGGGGGGGGGGGGHHHHHHHHHHHHHH! A Moureeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee! Onde estades, Pra, Tony, el Niño, Lozano, Manolo, Facundo, Pepe? Cánto tempo hai que non ides pola miña habitación? E vostedes, Preciosa (nome tan arriscado como acertado) e Don Pepe? Onde van os meus 20 anos? Mecagoentodo, Arumes! Estás empeñado en joderme o día!

Nuca ha detto...

mecajonodemo para o cuarto agora. Cómo era daquela?

Anonimo ha detto...

Luminoso. Aberto. Divertido. Moi divertido.

R.R. ha detto...

Unha das miñas catorce vivendas compostelanas estaba no sete desa mesma rúa...

No Moure, qué pijo, xD

Anonimo ha detto...

Perdón, "NA" Moure. Dise "na" Moure.
Pijo? Habería que falar diso. As cousas poucas veces son brancas ou negras. Compartín pensión con fillos de médicos, farmacéuticos e abogados; con expulsados da Estila; con ex-membros de FN. Tamén con moitos outros, fillos de operario de grúa, vixiante xurado ou oficial primeira, de becados. Case 60 tipos cada ano. Algún fillo de puta había e tamén moi boa xente. Moi boa xente. Xente que estudaba como animais, un tipo capaz de chaparse un libro enteiro coas traducións ao castelán das obras completas de Cicerón para ser o único aprobado do gran Baltar, xente que ía de putas, aspirantes a alcoholico (agardo que suspenderan as oposicións), tafures que vendían chaquetas de coiro para pagar o vicio, un frautista e un tipo que botaba 35 m. de reloxo para facer compulsivamente os seus rituais de antes de deitarse. Había de todo. Un zoolóxico. Pijos? Tamén, oh, tamén. Pero dos de antes. De abrigo Loden, gomina e zapato castelán así diluviara. Do Real Madrid. Dos que xa non quedan.

R.R. ha detto...

Si non o digo por mal, ho, que eu daquela -bueno, uns anos máis tarde :-P -tamén sería medio pijo, e ademáis tiña algún amigo que vivía alí. A cousa xa cambiara e chamábanlle O Moure porque supoño que pasara de pensión a hostal. Boa descrición do ambiente, si señor.

Anonimo ha detto...

Decátase, sr. r.r., que de tódalas tribos urbanas os pijos son os únicos que non se recoñecen a si mesmos? Se vostede fala con un (ao mellor agora mesmo, quén sabe) sempre cabe a posibilidade de que lle fale de calquera outro e o califique como pijo e, vostede mesmo, pode que pijo tamén, estará pensando: "pero o pijo este como lle chama pijo a aqueloutro?" Poderíamos dicir que un pijo sempre é un pijo para un pijo. E só pasa cos pijos. Un heavy é un heavy a moita honra e incluso con esforzo, e nunca dirá doutro tipo: "mira, ese é un heavy".
Non sei se me explico.
Animámonos á lectura?