Caxigalines nella Reguera'l Campizu

19 gennaio 2009

XANTAR DE GALICIA


Hoxe foi día de xantar eduardiano e anabelesco. Na súa casa acollente da rúa santa Margarita cambadesa. Era o día de agasallos para os nenos e nenas, algunhas xa mozas. Adornaron a mesa cun pulpo á galega, cunha ensalada morna de zamburiñas, rúcola, escarola e remolacha e con outra de laranxa, cebola, bacallau e aceitunas "majás". O viño que acompañaba os primeiros pratos foi un albariño de (extraordinaria) colleita caseira, que o anfitrión calificaba de natural. O segundo prato foi unha sorpresa, pois alí apareceu un poldro estofado de primeira categoría, tenro coma poucas carnes teño eu comido e acompasado con patacas e cenouras cocidas procedentes da terra de Lanzós. Un magnum Rioja Cosme Palacio fixo honras excelsas a tan excelsa carne, prolegómenos dun infinito postre de biscoito anabeliano, cafés varios e un licorcafé agasallado por Arturo Pérez Reverte (sic). A tertulia foi suprema, coa novidade, para min encantadora, de que xa comezan a participar as máis novas. Entre prato e prato, os máis cativos argallaban videos creativos cos móbiles e interrumpían a conversa cos seus inquedos filmes de autor(a). Unha tarde estupenda, gracias a Anabel e Eduardo que organizaron todo coa súa proverbial xenerosidade.    

4 commenti:

Anonimo ha detto...

... E eu como un gili toda a fin de semana traballando a destallo coma un parvo.

Trebi ha detto...

Eu de reporteiro ilegal.....

Anonimo ha detto...

Vaia casaza teñen os eduardiano-anabelescos...
:-P

Anonimo ha detto...

Apicultor, colla o atallo que leva a esgallo e non a "destallo". Esas cousas pasan por estar toda a fin de semana enclaustrado, dándolle ao manubrio intelectual, e non ver nen un simple "destallo" de luz. O lema está claro: Mais enchenta fraternal e menos traballo monacal. Mire o Arume, que ben o leva.