Esa parte irracional que me persegue desde os campos de croios, ao pe da montaña negra de Ponferrada que agora xa non existe, onde xogaba a todas horas durante case todos os días.
Esa parte irracional que me persegue desde os campos de croios, ao pe da montaña negra de Ponferrada que agora xa non existe, onde xogaba a todas horas durante case todos os días.
18 commenti:
¡Veña o sábado a velos perder en Coruña, ho! Que ademáis os ídolos do seu bróder van meterlle ó Valencia e logo hai festa pola clasificación para a UEFA. E se non, birras de consolo e celebración do triplete; cando falo (do verbo falar) de triplete, é polo de Liga Copa e Champions Lí, non polo outro que se me vén á cabeza co de triplete; non, tampouco falo (do verbo falar, outra vez) de baloncesto.
Recoñeza que os dez primeiros minutos pasounos co cú apretado... ¿que xa non o lembra? Normal. Os outros oitenta foron un baile.
Toooot el camp!
Non volverei entoar o himno do Farça
Non volverei entoar o himno do Farça
Non volverei entoar o himno do Farça
Non volverei entoar o himno do Farça...
Non son moi futboleiro, pero onte na casa sentámonos todos diante da TV, ata o meu fillo con 39 de febre e pasamolo moi ben. O tiunfo da estética, do esforzo e dun feixe de rapaces cercanos, que semellan normais, alegrounos a todos.Penso que dentro de moitos anos lémbraremos ese tarde que pasamos xuntos.
Parabéns aos culés!!!!!
Tot la blogosfera és un clam, som la gent blaugrana...
Parabéns!
Noraboa, claro. (dúas veces?, graciñas polo aviso).
Alguén dixo que a infancia é a patria: cada vez que me entristezo cando perde o Celta ( entristézome moitíiiiisimas veces) consólame pensar iso.
Por certo, que pracer debe dar a un barcelonista gañar a final da Champions a un equipo vestido de branco.
E eu convencido que os de azul e granate eran do Bilbao... Xa me parecía a min...
O Barça é moito Barça, pero o partido non valeu nadiña. Non houbo paixón nin nada. Eu quería un gol no último minuto, prórroga e penaltis (unha final sen gol no último minuto, prórroga e penaltis, non é final nin nada), pero foi marcar Eto'o e aló foi todo. Un monólogo. E eu, nesto do futbol, digo como Ana Obregón: prefiro os biólogos.
Conste que o que gañaba nos penaltis era o Barça, claro.
Palabra de verificación: Johancruyff
Desde o "xa podo morrer" do 2-6, isto non ten nome, é un non parar de celebrar títulos, un non viver de felicidade ininterrupta, copas e mais copas, cava e mais cava, "reseca" tras "reseca" até o triplete final. Éxtase blaugrana, euforia desmedida, a rua/casa tomada, a catarse inenarrábel, a canteira do Barça (7 da canteira na final de Roma) contra o imperio galáctico de Florentino que ameaza de novo. Andan a buscarlle un nome a este equipo, como a aquel outro lle puxeran dream team, e eu optaría polo mais vulgar logotipo ou lo"gol"tipo numérico co 2-6 por diante de todo. Un logoltipo que recollese o 2-6, o 4-1 e o 2-0, un vulgar 264120. Que o XDC, se anda por aí, lle busque os segredos mais agachados a este ´"númaro" triplético. Desta vez tocoume a min, queridísimo amigo X, e por partida triple, bueno, non, dobre (polo 2-6, que foi o final da liga, e polo 2-0, e xa só nos faltan 6 para chegar ás 9 do teu amado equipo de toda a vida), que tampouco quixen asañarme telefónicamente. Que, querido, como che sentou o descorche do Gramona que comprei para a ocasión na boca do teléfono? Eu sei que no fondo estabas feliz da vitoria do Barça por verme a min feliz e coa voz rouca e porque sei que disfrutas do jogo bonito, que diso se trata. Unha aperta e xa tomaremos un cava xuntos e sen futebol polo medio.
Unha pinguata de auga fría. Dende hai uns 5 anos, souben que o Barça no ano 74 co gallo do seu 75 aniversario, deulle a medalla de ouro e brillantes (sen brillantez, por suposto) ao Xeneralísimo. Podo entendelo daquela, e até o ano 84, ben se apuran até o ano 94, aínda máis até o 2004, MAIS, que a data de hoxe aínda non lla retirasen, indica que o "más que un club" é opinábel. A min fíxome afastarme, e quedarme só co meu antimadridismo.
Claro que o "mais que un club" é "opinábel". Como o "exército simbólico de Catalunya" (Montalbán) pode que quedara desfasado. Hoxe, o Barça é un fenómenos global (os seguidores do Barça medran como fungos en todos os recantos do planeta). A cousa está na Narración ou Narrativa dos feitos. Pode que teña razón Joan Subirats cuando di que "Narrar es construir una casa común... Narrar un partido como el de Roma es simplemente reconstruir una trayectoria, unas emociones y una manera de sentir." Eu cuando me toca ver un partido destes na casa, apago o volume da tele e encoméndome á narración de Puyal (que cita o autor do artigo) en Catalunya Ràdio, sempre excelente e que nada ten a ver coa dos comentaristas de Antena 3 ou doutras cadeas. Digamos que a Narrativa do Barça desprazou, suplantou ou ocupou o espazo da Narrativa política e calquer seguidor do Barça de 13 ou 14 anos asocia os triunfos ao berro de Visca el Barça/Visca Catalunya (corrixido e aumentado no caso de Iniesta co de I visca Fuentealbilla ou algo así). A min o xoves dous alunos de 2 ESO ataviados coa camisola do Barça, igual que moitos outros, colocáronme duas bufandas do Barça/Catalunya. Eis a Narración das xeracións que xa viron gañar duas champions e algunhas ligas. Que é triste, "opinábel" e tantas outras cousas, pois claro que si. Pero que podemos dicer os que somos do Barça desde pequeniños e vimos de épocas onde a maioría dos triunfos eran de cor branca. Habería moito que falar.
O asunto do Xeneralísimo descoñecíao. Feo, certamente.
JOAN SUBIRATS
Narrativa de un partido
JOAN SUBIRATS 29/05/2009
Acostumbramos a decir que las emociones no pueden explicarse. Parecería que las palabras no pueden llegar nunca a explicar lo que uno siente cuando salta de su asiento y grita sin considerar quién tiene al lado. Pero hay quien trabaja y fundamenta su credibilidad precisamente como narrador. La historia del Barça de los últimos 30 años no puede explicarse sin narradores como Puyal. El día siguiente a una epopeya a muchos les lleva a Ramon Besa, un cronista capaz de sacar todo su jugo emocional y vital a gente como Serrat o Vila-Matas. Toda narración es una interacción. Si no has visto lo narrado, lo imaginas. Si has sido espectador de lo narrado, esa rememoración consolida lo vivido y abre el mundo a la imaginación de lo que quizá no has visto, pero sí has sentido, has imaginado, has querido vivir. Se narra para que lo vivido se evoque, para volver a experimentarlo y vivirlo. Todos hemos visto el partido, pero todos queremos volverlo a sentir y vivir. Y leemos y repasamos, minuto a minuto, lo que sentimos, sufrimos y celebramos el día anterior. La gran virtud de los narradores como Puyal o Besa es su capacidad para que su historia y su narración ordenen, estructuren y pongan en común la historia vivida pocas horas antes.
Narrar es construir una casa en común. Y el fútbol logra en ciertas ocasiones meter en una misma casa a gente muy diversa. Narrar un partido como el de Roma es simplemente reconstruir una trayectoria, unas emociones y una manera de sentir. Guardiola se ha convertido en el gran sacerdote de esa misa colectiva. Construye y transmite verdad. Construye y transmite consistencia. Y entre unos y otros consiguen vincular lo vivido con lo imaginado. Leemos las narraciones del día siguiente buscando esa vibración, ese temblor que habías percibido fugazmente cuando la emoción de lo instantáneo no te permite entender del todo lo que estás viviendo. Los políticos deberían preguntarse qué ocurre para que esa inmensa masa de jóvenes que viven emocionalmente esas grandes celebraciones deportivas, transiten con indiferencia momento político tras momento político. Si la política deja de suscitar emociones, si no logra que compartan sus relatos gentes a las cuales pretenden implicar, quizá lo que fallan son las narraciones, los narradores o la misa que celebramos.
Pois si habería moito que falar. Eu tamén fun do Barça moitos anos até que descubrin o xogo duplo que hai, e para min o primeiro é a "Liberté, egalité,fraternité).
Actualitat blaugrana
El Barça no retirarà la medalla a Franco perquè la considera una imposició, no una concessió
Actualitzat a les 11:00 h 09/11/2006
El Consell de Notables del Barcelona, organisme que assessora el club, va descartar la possibilitat de retirar la medalla del club imposada l'any 1974 a Francisco Franco en considerar que no es va tractar d'una concessió, sinó d'una imposició "en una situació poc democràtica".
Recoiro! e noutros lugares de España e Galicia non lle deron títulos ao Xeneralísimo nos anos 40,50,60 e moitos deles, académicos tamén foronlle retirado na Galiza. Polo aceptalo 30 anos que xa é aceptar, mais, agora? algo cheira mal. E se nin a Directiva lla quere retirar, nin a masa social lle obriga, que non conten comigo. Todo non vale. E sigo a ser antimadridista, mais tanto acriticismo con iso, cos cartos que se moven, e coa subordinación do eido público das cidades ao privado dunha Entidade concreta de fútbol, rebórdame. Non é non.
Futbol-política ou política-futbol. Mola. Co fácil que é sentarse a ver un partido...
Agora claro, calquera pode dicir iso de "empezaron eles". A min mólame que saían a ofrecer as copas ao pobo catalán, e que visque catalunya e até o pilós ese. O que non sei é como lle senta iso a un tipo de Albacete ou de Madrid, por exemplo, que leve toda a vida "sendo" do Barça e que de repente descubre que esa xente non xoga para el, senón para o "pobo catalán", así sexan do Espanyol ou do Atlético de Madrid (a non ser que, claro, só se considere "pobo catalán" aos que son do Barça, que non imos patrimonializar só a lingua e o ADN).
Non sei para vós, pero para mín é unha falta de educación total e un desprezo para os centos de miles de seguidores que ten o barça polo mundo adiante. Co fácil que é dicir: "esta copa é para todos os barcelonistas do mundo enteiro" (que ademais é o que é, digan eles o que digan: a min non me van patrimonializar os sentementos).
En canto ao de Franco... Estou abraiado de comprobar que inda haxa xente que crea que en España non houbo nunca franquistas, que todos eramos roxos ou independentistas. Durante o franquismo moitísima xente viviu ben, como nunca antes pensara vivir, e outros moi moi ben, como sempre viviran. Entre os que mellor viviron, a burguesía nacionalista catalana e vasca, a alta, media e baixa, a que gobernou en Cataluña e o Pais Vasco desde as empresas, os bancos, o Liceo, o Athletic e o Barça durante o franquismo e máis aló.
Ah! O nacionalismo... Que bonito é!
Non credes que estades a levar as cousas demasiado lonxe? Se nos pomos tan drásticos en todas as facetas da vida, entón non comeríamos, nen vestiríamos (iríamos en pelota picada), nen iríamos ao cine, nen leríamos un libro, nen asistiríamos a un concerto (co que lle pagaron onte a Neil Young, que tocou aquí en Barna, a de bocas de fame que se encherían), nen traballaríamos no que traballamos. Se cando comemos unha lata de bonito pensásemos no empresario que se dedica a fabricalo, nos chalets que ten, nos negocios en que anda metido e nos soldos de miseria que lle paga aos/ás traballadores/as, probábelmente acabaríamos vomitándoo. Se estendéramos o noxo que sentimos polo criminal de guerra Bush a todos os norteamericanos, non leríamos a Faulkner nen a Bellow. Se fixésemos caso das tonterías e barbaridades pronunciadas por Borges, non leríamos os seus libros. Como non leríamos Bearn de Llorenç Villalonga se, tal como nos recorda hoxe Rioyo: "Llorenç Villalonga -entonces Lorenzo, refinado burgués aristocrático, colaboracionista con el fascismo, afrancesado y cobarde-..." Ufff... Xa sabemos que é de dominio público (non hai lugar para o abraio, Turmano) o recebimento que lle dispensou o "povo catalán" ás tropas de Franco e a contribución monetaria de certa burguesía catalana ao "alzamento nacional", e as prebendas derivadas... etc. Como tamén é de dominio público que si o opio do povo, que se a alienación das masas, que se o diñeiro suxo que corre polas "alcantarillas" do futebol... Xa sabemos todo iso. Como sabemos que o futebol xoga coas emocións e ten un ponto de irracionalidade. Eu non sei de que antimadridismo vindes vós. Eu o que podo dicer é que para min o Barça foi unha das primeiras militancias antifranquistas conscientemente asumidas, e esas cousas non se esquecen. Falo dos anos sesenta e tantos, cuando no colexio no que estudiaba, paraban a actividade académica e obrigábannos a baixar ao salón de actos para presenciar as vitorias inapelábeis dos hai pouco chamados galácticos. Aí, na contra do Barça a tanta gloria merengue e noutros aspectos non menos convulsos da vida cuotidiana, burguesía catalana aparte, se forxou o meu antimadridismo, e por conseguinte o meu antifranquismo, porque, con razón ou sen ela, un levaba ao outro. Permitídeme, pois, disfrutar do triplete ou tripleta e recomendarvos o artigo de hoxe de John Carlin (La luz del mundo). Porque tamén hai que saber valorar nos seus xustos termos que o Barça ganou a final da champios con 7 rapaces da canteira (vale, de acordo, rapaces privilexiados, mimados pola vida, millonarios), xogando bonito, xogando como un equipo, procurando botarlle poesía, non descuidando a estética, facéndonos disfrutar o que será difícil repetir. O de Visca el Barça i Visca Catalunya vexo que vos dói un pouco, o que ao mellor quere dicer que o Barça é mais que un club. O da utilización política do Barça como factor de integración e mesmo de "expansión" de certos valores cataláns, pois tamén habería moito que falar. Saúdos blaugranas.
Sr. Detective
Eu estou contentísimo de que gañara o Barça, e comparto plenamente o de que o fixo xogando coma os anxos. Fíxese que o que máis me jodeu de ser do Athletic non foi perder a copa, senón non ser capaz de disfrutar do xogo do Barça na final.
Non me gusta mesturar a política co fútbol, inda que sexa inevitable non abstraerse do que un ve e escoita. A min nunca me pillará cunha bandeira, cun himno nin cun "viva o que sexa na boca".
O de visca tal e cal, xúrollo, non me doe en absoluto. Sinto o mesmo desprezo por iso como por viva españa ou viva a quinta do '52. Pero é jodido implicarse (co que eso significa) emocionalmente nalgo (non é o meu caso, xúrollo tamén, por razóns que non teñen que ver coa política nin moito menos), que queras participar da festa, e que veña alguén e che diga que te metas a emoción "por salva sea la parte", que a cousa non vai contigo, que moitas gracias, pero que xa o celebrará vostede cando suba o Celta, que é o que lle corresponde como galego (repito: así sexa un do Depor de toda a vida). É jodido, si. Non lles fago puto caso, que ninguén me vai dicir o que teño que celebrar ou non, pero é jodido. Repito tamén: co fácil que é invitar a todo dios á festa e o ben que queda un...
Dis que non ser do Barça porque lle deron unha medalla a Franco no '74 é levar as cousas demasiado lonxe. Coido que non é traelas moito máis cerca ser do Barça porque os curas te obrigaran a ver partidos do Madrid (nas escolas públicas iso non pasaba: non tiñamos salón de actos a onde baixar). Penso que é deixalas no mesmo punto. Tería que revisar eses traumas infantís. Non é san vivir con eles, e moito menos deixarse levar por eles.
O que se escribiu (e pode tornar a lerse),non é afastarse do Barça pola medalla do 74 senón por non terlla retirado dende o 2004 que non é o mesmo, nun clube que se presenta coma abandeirado da loita antifranquista. É contraditorio e se tardei tantos anos en dacarme asumo a miña tardanza, mais actúo conforme ao que consedero principal.
As fronteiras entre o público ao servizo do privado mestúranse e poño dous exemplos.
1) Nun partido do Baça no Camp Nou, prorróganse os horarios do metro até a unha da mañá. Este servizo é costoso e deficitario e ben que se laya o Concello diso, e se lle sobraran cartos, tamén hai sectores sociais ben necesitados.
2) O Depor a mailo Celta xogan nos campos municipais, e até agora polo menos o Depor non pagaba nen a luz. Home! Ambos os dous Concellos, cos cartos dun aluguer, poden atender necesidades dos máis pobres, e moito máis en tempos de crise.
Así pois, non se separan deporte pola banda de Laiño e política pola banda de Lestrobe, todo forma parte da vida. E reividico as prioridades que cada un queira, así como a opción de non ter equipa.
Saúdos ceibes.
Señor Turmano, chámalle "trauma infantil" a que un rapaz de provincias querera que perdera o Madrid xa daquela? Home, nunha España una y libre, católica, apostólica, acaudillada, franquistona e madridista, eu mais ben chamaríalle acto de resistencia, desacato á autoridade, rebeldía contra a imposición, negación da realidade estabelecida, oposición ao madridismo dominante, etc. Destraumatización, en todo caso. E rematada a liga, rematou o conto sobre o Barça, polo menos pola miña parte, na casa do Arume. Agora só nos queda ver ás 21.40 en TV-3 Els gladiadors del Pep, o video gladiatórico de 7 minutos que lles pasou o Guardiola aos xogadores antes da final de Roma, previo ao programa de humor Crackòvia. Non todo ía ser técnica, disciplina, magreo da pelota, xogo de equipo... Faltaban os gladiadores do Guardiola. Así se forxan as lendas. Marcho correndo, que está a ponto de comezar.
Amigos todos, moito me fan disfrutar coas súas polémicas: moito boto de menos que vostedes (e máis eu) nos coñezamos e falemos destas cousas arredor dunhas cañas. Enténdanme que lles estou eternamente agradecido.
Amigo detective: moito lle agradezo o aviso. Acabo de botar a chorada co Nessun dorma por Carreras. Impresionante. Vinceròòòòòòòòòòòòòòò.
Din que o Xeneralísimo tiñas dúas carpetas e dicía: En esta están los asuntos que el tiempo ha resuelto y en esta están los asuntos que el tiempo resolverá.
Nalgunha carpeta estarán tamén os asuntos discutidos.
Ven ao caso rematar cun omentario derivado da entrada "ao pe da montaña negra de Ponferrada ..." tamén estaba preto o Colexio S. Ignacio, pois ben no 65 ou 66 fomos alguns rapaces por primeira vez ao "Bodegón" a carón da "Plaza de la Encina", cuxas tapas de mexillóns e patacas picantes son un segredo coma o da CocaCola, feitas pola nai de Ovidio Blanco.
Ovidio dirixiu sempre o grupo de teatro Conde Gatón e outros, e escribiu libros como "Nocturno con niebla en el Bierzo" onde relata os amores románticos e malpocados do mellor escritor berciano Enrique Gil y Carrasco e a súa adorada Eladia Baylina. Ovidio case sempre está no mostrador entregando os pedidos das tapas.
Este Bodegón é pra min o único que permanece da Ponferrada dos 60 e de obrigada visita.
Agora sábese que o ladroeiro do Palau da Música Catalana, Félix Millet é tamén aínda hoxe, vicepresidente da Fundación do Barça. E certo que é máis ca un clube.
Posta un commento