Caxigalines nella Reguera'l Campizu

16 febbraio 2010

AS VÍSCERAS VIGUESAS


O alcalde da cidade na que vivo atopou a estratexia axeitada para a defensa da súa forma de gobernar. Eu creo que a aprendeu de dúas situacións recentes: en primeiro lugar, a saída nada venturosa de Pérez Mariño por extremar o celo político do gobernante, que trouxo como consecuencia a perda da alcaldía, e, en segundo lugar, a derrota de Pérez Touriño o ano pasado por non ser algo máis contundente e non entrar a saco ás críticas da oposición e da opinión pública de dereitas. Probablemente da súa experiencia como ministro ou como candidato á presidencia da Xunta quitara outras ensinanzas, tan importantes como destas dúas concretas (un receo con lixeiro tinte rancoroso ou un levemente iracundo airiño de vendetta), pero está claro que eses fitos históricos están presentes no seu modo de actuar desde a praza do Rei. 
Da historia de Ventura entendeu que debe permanecer na cadeira a toda costa, sen unha mínima concesión ao seu segundo. Fala tanto ou máis español ca Ventura e, porén, nin unha soa palabra de censura recibe do vicealcalde ou do partido coligado. Se aparecen diferencias entre eles, en troques de tapalas, airéanse sen pudor, a sabendas de que o socio non se vai atrever a perder de novo a oportunidade de gobernar a medias a cidade. Tensa a corda o que pode e mesmo parece dirixir a cidade á marxe do outro partido. O BNG admite calquera agravio polo ben do bipartidismo gobernante e el coñece e aproveita ben esa debilidade. Nunca fará unha moción de confianza, como calquera faría se tivera como compañeiro de goberno a alguén que, en cuestións relevantes, vota na súa contra. Pero iso non lle importa en absoluto. Ten a lección moi ben aprendida e quere aferrarse ao cargo e facelo visible canto pode coa magnificación e glorificación que tal posto lle permite.
Da derrota de Touriño entendeu que hai que ir á bronca, á lea constante. E, se hai que montala, tamén se monta. Nada de admitir erros ou de suxerir acordos co resto ou de modular un discurso titubeante. O importante é librar batalla vehemente, durísima. O fair play acabouse, no seu maxín de alcalde. Se a Autoridade Portuaria realiza un movemento, el está disposto a irlle enfronte. Que a cidade sae perdendo destes enfrontamentos non lle concerne. Sabe que calquera renuncia ao combate é unha peza para o nemigo. Teno clarísimo. Xunta e Deputación están na súa mira día e noite. Os que ten enfronte son da mesma natureza: están entrenados desde hai xa varios anos, coa academia aberta as vintecatro horas dos xornais mundanos e radios copeiras. Gañaron as eleccións con ese pulo a maiores sobre os erros ou as indecisións do bipartito. Este alcalde non está disposto a deixarlles esa vantaxe: vai ao corpo a corpo coas súas mesmas armas, sen momento para o desmaio
No medio atópase unha cidadanía alucinada, incluso inerme pola radicalidade das oposicións. Mesmo os case sempre cautelosos colectivos (círculos financieros, agrupacións de empresarios, cámaras de comercio, sindicatos, asociacións de veciños, medios de comunicación, colexios e gremios profesionais) participan sen pudor na liorta. A imaxe estes días dos escombros no peirao (tanto en Guixar, como na Laxe) non é metáfora de nada: é o puro refrán feito infame realidade: uns por outros e a casa sen varrer.  

Nota: mentres escribo aparece outro encabronamento: a depuradora. E no horizonte, a cidade do mar, o novo hospital, os investimentos da deputación, a estación de trens. Un diálogo institucional exemplo de cordialidade.

10 commenti:

folerpa ha detto...

Caro amico, xa llo dixen o outro día e recunco: está vostede nun estdao de permanente clarividencia.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

E que mo poñen a huevo. Eu non fago nada.

Anonimo ha detto...

Pois si, o alcalde xa fixo todos os méritos para que o seu propio partido lle corte a cabeza.

R.R. ha detto...

Uf! (ovación)

Confusion ha detto...

A min non me extrañaría nada unha marioría absoluta de Caballero, sobretodo se finalmente Corina decide non presentarse. O BNG morreu en Vigo por méritos propios, xa veremos que fan para resucitalo, nestes momentos só o mantén vivo o PP coa súa política galegófoba (non hai que perder de vista que ao PP convenlle un BNG forte porque non son parvos e saben que nemigo real é o PSOE e non o BNG e canto máis forte sexa o BNG máis débil é o PSOE).
Caballero sabe ben onde xoga e se xogas no campo do Choco ou do Sárdoma non podes xogar como o Barça no Nou Camp. E o campo de xogo da política de hoxe en Vigo/Galicia non é precisamente Anfield Road.

Confusion ha detto...

Non sabía desta... como acabará Feijóo? chi lo sa... http://www.atlantico.net/opinion/1748/

García Barbón ha detto...

Pois a mis paréceme que Caballero o o está a facer moi requeteben: resiste á dereita no recheo, esixe un plan de usos para o porto, non ten complexo de inferioridade cando entra no Clube financieiro, aproveita moi ben os seus espacios nos media e está deixando a cidade preciosa. O que non acabo de entender é con quen está vostede Arume. E non me diga que con Vigo porque iso é o patriotismo localista que vostede asegura detestar.

García barbón ha detto...

Ademais, o asunto das Caixas deulle a oportunidade, que calquer político aproveitaría, de aparecer como o defensor de Vigo e dese modo derrotar a Corina, tal vez por maioría absoluta. Se aceptamos as leis da política e non nos quedamos nun esteticismo imposilemente equidistante, hai que recoñecer que a conducta de caballero está a ser coherente.

Anonimo ha detto...

A conducta de Caballero é o que hai que facer para gañar unhas eleccións. O asunto é se as eleccións hai que gañalas a calquer precio.Eu dubido moito que a súa política e o seu estilo sexa o millor para Vigo e para Galiza. O localismo, o populismo e as baronías non son nada novo e as consecuencias sempre foron nefastas. Fomentar o sentimento dun Vigo maltratado e enfrentado con todos e crear contradiccións no propio partido non creo que sexa o desexable.

Anonimo ha detto...

Magnifico análisis de la política local.No veo critica, no obstante, ni siquiera un leve rictus de daño,algo que sí sufro, efecto de un modo tan sucio de hacer el ejercicio del poder.