Porque cultural non pode ser, digo eu. Ou si?
Caxigalines nella Reguera'l Campizu
13 febbraio 2010
DIFERENCIAS TÉRMICAS DE XÉNERO
Sen dúbida debe de tratarse dunha cuestión xenética relativa ao distinto nivel de soportabilidade térmica en inverno, porque, se non, non se explica que as mulleres que saen nas fotos de galas e actos públicos da farándula ou que pasean noctámbulas pola rúa engalanadas sempre tendan a disminuir o tamaño da roupa que levan por non falar das sandalias que calzan sobre unha media finísima mentres os homes aumentan de forma inversamente proporcional o número de prendas (ademais abrigosas) sobre os seus agochadísimos e disimulados corpos.
Iscriviti a:
Commenti sul post (Atom)
6 commenti:
Éche cuestión de saber sufrir.
Despois dóenlles os pés. Pola friaxe e polo escasa comodidade.
Iso si; fardar...fardan un huevo!
hai uns días, a miña filla (15 anos) aguantou estoicamente un paseo de dúas horas coa familia. Calzaba as súas novas botas de tacón e non tiña prevista a camiñada.
Ao chegar a casa descalzouse e chorou un bocadiño no seu cuarto.
Outro dato para reflexionar: nin a nai nin as tías mostraron ningunha piedade.
E obvio que non é natural. E eu fago mutis polo foro. Que discuta Rita. "Nurturalmente".
non, non, non...ce n´est pas vrai. Vostede sabe que é totalement ao contraire amigo A2P, podíalle contar agora mesmo a diferencia de xénero e o índice de PPC (prendaspercápita) amosa unha situación inversa á que vostede describe, claro, que falta o compoñente glamour...pero...¿que fago eu con esta pinta? ¡aidióskeabandono! ¡¡¡muac!!!
Nunca escoitastes iso de que "para presumir hai que sufrir"... esa cantinela que nos repiten á mulleres desde a máis tenra infancia. Como, se non o tivésemos ben asumido, iamos aturar os lazos, saias, volantes cintos, cadrís ao recacho, depilacións e desenredos de longas melenas? todo ese inconmensurable encerello que nos asegura iso que os homes chaman feminidade.
Por certo, dona Ana, a min últimamente enfríame moito o cu, a vostede tamén?
Posta un commento