Caxigalines nella Reguera'l Campizu

24 marzo 2010

EN DEFENSA DE BIBIANA AÍDO


A raíz dunha amistosa conversa en feisbu, a propósito dunha charla da ministra Bibiana Aído no marco dunhas xornadas parlamentarias nas que xulgou conveniente a incorporación do feminismo como materia troncal no ensino universitario, teño pensado moito na trivialización e na paternal displicencia que todas as cuestións relativas ao mundo da igualdade, da paridade social, xurídica e política da muller suscitan na opinión pública. Deixo á marxe a moi probable terxiversación do tenor das xornadas (unha confusión relativamente corriente entre troncalidade e transversalidade para neófitos algo predispostos á simplificación burda cando de feminismo se trata) e a xa preocupante falta de coñecemento da meirande parte dos opinadores públicos sobre a Lei de Igualdade (que propón entre outras medidas precisamente a incorporación do feminismo no curriculum educativo), porque xa con iso estaría explicada a prexuízosa forma de encarar estes asuntos por parte dos medios de comunicación.
Pero un artigo retranqueiro do sempre agudo Isaac Rosa sobre a condición de pimpampún da ministra (imprescindible, segundo o escritor sevillano, en todo goberno) e a última columna de Elvira Lindo sobre a particular forma de presentar aqueles temas nos que as mulleres ofrecen notorio relevo confirman a mesma idea exposta naquela (xa digo amable e cordial) discusión: a de que ser muller e ademais feminista contribúe necesariamente a ser branco particular de comentarios supostamente simpáticos, cheos de gracietas sen sal nas que se mistura unha condescendencia sardónica cunha clara misoxinia de base. O incontable número de artigos escritos a costa das, por outra parte, coherentes iniciativas da ministra Aído (gusten ou non as súas formas ou as fórmulas empregadas para levalas adiante, das que non están libres outros ministros que por razóns descoñecidas non son tan tidas en conta ou directamente ignoradas) non só me incomoda e molesta profundamente senón que esperta en min unha inevitable simpatía por Bibiana Aído e polo seu valente feminismo que agora mesmo fago pública.

28 commenti:

Anonimo ha detto...

Fíjate, tu, oye, el paladín defensor de mujeres en apuros.

SurOeste ha detto...

A inmensa maioría dos que a tratan de forma displicente non saben nin do que está falando e tampouco por que o fai da maneira en que o fai, polo tanto parécelles moi brillante disimular a súa ignorancia e a súa desorientación con respecto ao feminismo, un movemento absolutamente indispensábel para entender o mundo no que vivimos. Ocórrelles aos cráneos privilexiados dos media, mais tamén aos preclaros doutores das universidades. Unha maneira coma outra de facer quiquiriquí.

Ten razón a ministra: todos á escola de novo, que falta lles fai a moitos.
O comentario anterior non sei como interpretalo. ¿?

Anonimo ha detto...

Estar a favor do feminismo non implica necesariamente apoiar o pensamento tosco e pobre da feminista Bibiana Aído.

Grandes éxitos de Aído:

«Un feto de trece semanas es un ser vivo, pero no es un ser humano»

«Cualquier joven puede ponerse tetas sin que sus padres lo sepan»

«... los miembros y miembras de esta comisión»

«Vamos a crear una biblioteca para y por mujeres»

"La igualdad, los estudios de género y la tradición intelectual e histórica del feminismo tienen que ocupar un lugar en la formación troncal de los estudiantes".

Suetonio ha detto...

"Un feto de trece semanas es un ser vivo, pero no es un ser humano".

Anda a clerigallada, a profesional e a afeccionada, moi afectada por esta evidencia. En cambio, parécelles normal que se diga todos os días nas igrexas que un xudeo medio tronado que viviu hai 2000 anos naceu dunha señora que era virxe e resucitou tres días despois de morrer...

SurOeste ha detto...

Que conste, señor Anónimo que, despois de pensalo friamente, eu diría esas mesmas frases sen ruborizarme en absoluto. Non vexo onde está o escándalo nin a trascaburrada.

Anonimo ha detto...

A política de imaxe e xestos dos socialistas parece que lle nublou a vista a máis de un.

Pregúntome que porcentaxe deses 4 millóns de desempregados que nos deixou este goberno son mulleres.

Educaweb (24/02/2010)
"En España, la brecha salarial entre hombres y mujeres es de un 34,4%, convirtiéndose en el 4º país europeo con mayor diferencia de sueldos en función del género. Esta es una de las conclusiones del informe realizado por la consultoría de recursos humanos Adecco, junto con la Escuela de Negocios IESE y a partir de los últimos datos disponibles en Eurostat."

SurOeste ha detto...

Si, debe de ser iso, pero, despois de todo... que outra cousa é a política mais cá escenificación pública de xestos? O seu tampouco deixa de ser un xesto bastante socorrido: descualificar a importancia da educación para a igualdade, a importancia da divulgación teórica da igualdade coma se fose unha estúpida frivolidade porque hai moitos parados, e máis paradas aínda.

Anonimo ha detto...

A política non debería ser escenificación pública de xestos senón acción decidida a resolver os problemas concretos dos cidadáns. Neste caso, a facer efectiva a igualdade entre sexos. O que pasa é que a socialdemocracia, que algúns consideran a única política posible, hai xa tempo que claudicou diante do liberalismo.

Con esta mentalidade que vostede expesa, non me estraña que haxa unha crecente despreocupación, cando non desconfianza, cara a política e os políticos, e un ascenso dos salvapatrias populistas tipo Berlusconi.

SurOeste ha detto...

Os problemas concretos adoitan ser consecuencia de problemas de fondo. Efectivamente, eu non entendo a política como mera técnica nin acredito nos que aparecen provistos dunha variña máxica para, nun par de toques (ou accións como vostede di), solucionarme os problemas.

Turmano ha detto...

Eu lembro a Sancho Roff, a Fernando Morán ou a Corcuera, que levaron hostias e mofa ata no carné de identidade. Mentres, Elena Salgado non é obxecto de ningún tipo de ataque especialmente rechamante.
Ao mellor Aído é o pim pam pum porque lle tocou, independentemente das razóns (aí está Fernando Morán, un home dun nivel acojonante). Podemos pensar que é un ataque machista: tamén Laporta cre que cando se lle falta estase a faltar a Cataluña, ou Netanyahu que calquera ataque á súa persoa é antisemitismo. E se criticas a un periodista sempre haberá alguén que diga que é un ataque á libertade de expresión.
Se digo que Sáenz de Santamaría me parece unha gilipollas impresentable serei acusado de machismo? E se digo que Esperanza Aguirre é unha cabrona?

arume dos piñeiros ha detto...

Remitireime ás máis de 850 entradas deste blog para nublamentos posibles sobre as políticas de acenos e cousas polo estilo. Non é precisamente tema que non abordara eu nestes tres anos: é case teima. A min, por exemplo, o das tarxetas roxas non me gusta nin o máis mínimo. Pero, lido o meu post, verase que unha cousa son esas demostracións cara a galería, ás veces mesmo contraproducentes, e outra o fundamento feminista da súa política, que é, ao meu xuízo, o que en xeral proe.

Nota para navegantes: entendo que nestas épocas de crise, cun número sangrante de parados/as e pésimas perspectivas económicas, calquera comentario sobre outros asuntos queda seriamente limitado. Pero, tendo sempre presente que esa é a máxima preocupación de todo o mundo, eses outros asuntos tamén merecen (algunha) atención.

SurOeste ha detto...

Todo o mundo que entra no espazo público é criticábel, agora ben, hai que ver como se fai esa crítica. As críticas á ministra Aído desde o principio renunciaron ao debate político para convertila en carne de vilipendio aproveitando unha suposta falta de experiencia, efectivamente é unha muller nova, que enseguida se asociou a unha falta de formación (asociación en caída libre) e a un aspecto físico aparentemente fráxil (a beleza é unha arma de dobre fío), é dicir, os preconceptos funcionaron antes cá razón. Isto foi o que me pareceu que criticaba Arume e eu estou de acordo con el.
Por outra banda, insisto, nunca que a escoitei falar me pareceu unha persoa desinformada ou que non soubese o que estaba dicindo (algo que desgraciadamente acontece con bastante frecuencia nos políticos).

arume dos piñeiros ha detto...

Querido Turmano: unha cousa é o que crea Netanyahu ou Laporta sobre os comentarios que lle tocan e outra a percepción xeral de que os reciben por supoñer ou representar certas posicións políticas. No caso das mulleres, unha parte non desdeñable da percepción das críticas procede da súa condición feminina. Eu estou convencido diso, pero non podo aseguralo con datos verificables.
De todas formas, que este post suscite tantos comentarios vai resultar un CQD.

atónito ha detto...

Paréceme que o señor Arume non pode ter maior -nin mellor- confirmación da súa tese, que as respostas suscitadas polo seu post.

Parabéns!

Anonimo ha detto...

Lémbrese que por dicir 'miembra' foi vilipendiada de xeito claramente esaxerado por moitos membros do esblishment literario e académico español: lembro ler artigos de Javier Marías, de Pérez Reverte e de moitos outros mostrando non xa desacordo, senón unha indignación e unha ira claramente desproporcionadas, emitidas ademais en ton dúas veces paternalista, por ser ela nova e muller. A ridiculización do feminismo e dos seus obxectivos conta en España cunha venerable tradición.

Turmano ha detto...

Ola, Arumes
Polo teu comentario deduzo (ao mellor erroneamente) que cres que os comentarios negativos sobre Laporta ou Netanyahu están relacionados (á marxe do que eles pensen) coas súas posicións politicas (independentista un, sionista o outro) e non pola súa condición de catalán ou xudeo. Sen embargo, pensas que no caso de Aído as críticas si que están provocadas pola súa condición (de muller, neste caso) e non pola súa acción política.
Ese era exactamente o tema do meu anterior comentario: o difícil que resulta establecer a liña que separe ambas cuestións (aptitude/actitude da condición) e o fácil que pode ser caer na tentación de interpretar e/ou descalificar as críticas nun só sentido, tapando o outro.
Aclaro que eu tamén creo que unha parte das criticas que recibe esta xente ten a súa orixe no anticatalanismo, no antixudaismo e no machismo. Aclaro que descoñezo a porcentaxe. Eis a raiz do asunto.
E repito a pregunta: se eu digo que Aído é unha inútil, teño claro que é polo meu resabio machista, pero se digo que Esperanza Aguirre foi unha ministra de cultura inútil? Tamén hai resabio machista? E canto? Máis ou menos que no caso de Aído?
(perdón polo ladrillazo!)

Fiministo ha detto...

Só dende umha lectura malintencionada ou distraída se pode manter que J. Marías defende posturas antifemnistas.

Anonimo ha detto...

Para Feministo: Lectura malintencinada ou despistada de Javier Marías? Velaquí un link (perdón pola extensión):
(http://terranoticias.terra.es/cultura/articulo/marias-querer-diga-miembra-absurdo-2544479.htm)

javier marias 12-06-2008


Marías: Querer que se diga 'miembra' es tan absurdo como 'colego' o 'víctimo'


El escritor Javier Marías cree que 'la lengua 'es libre' y que cada cual puede hablar como quiera, pero que una mujer pretenda que se diga 'miembra' 'es tan absurdo como si los hombres empiezan a pedir ahora que se diga 'víctimo' o 'colego''.

'Eso sería una estupidez', ha asegurado hoy Marías, al ser preguntado por la polémica que ha suscitado estos días la ministra de Igualdad, Bibiana Aído, tras utilizar la palabra 'miembra' en una comparecencia parlamentaria y opinar que este término quizá sea admitido en un futuro en el Diccionario de la Academia.
Durante la presentación de su nuevo libro de artículos, 'Aquella mitad de mi tiempo', que acaba de publicar Galaxia Gutenberg/Círculo de Lectores, Marías defendió la libertad de cada uno para 'decir lo que quiera, pero lo que no debe hacerse es imponer nada a nadie ni pretender que el Diccionario de la Lengua admita una palabra u otra porque se le haya ocurrido a uno'.

'Eso sí que no es admisible', dijo Marías, que en ningún momento mencionó a la ministra de Igualdad al realizar su reflexión sobre este tipo de cuestiones lingüísticas.

El novelista opina que, con los errores lingüísticos, 'hay que tener mucha paciencia y tener muy presente que la lengua es libre para que cada cual la hable como quiera'. 'Pero yo, a mi vez, soy libre de decir que una persona habla como un perro o que habla fatal'.

Por tanto, 'si mañana sale una persona diciendo 'miembra', que lo diga, aunque sea un político, que, por lo general, no suelen ser demasiado cultos', añadió el autor de 'Tu rostro mañana', que habitualmente es muy combativo con los errores lingüísticos que cometen los políticos.

'Que se diga 'miembra' me parece tan absurdo como si los hombres empezamos a pedir ahora que, cuando se trate de un varón, se diga 'víctimo' o 'colego'', opinaba el escritor.

Y si un particular 'no es nadie' para imponer una palabra determinada, tampoco lo es la Academia de la Lengua. 'La Academia simplemente aconseja o sugiere', subrayó Marías, que ingresó en esta institución hace un mes y medio.

Deixa isto algunha dúbida?
Saúdos,
alturista

Feministo ha detto...

Non deixa ningunha dúbida de que Marías non ofendeu nin a dignidade da muller nin a dignidade das feministas. Só manifestou unha opión razonada sobre un problema (o do xénero na lingua) que non concita unanimidade nin siquera entre as propias feministas. Como no caso dos touros, a súa opinión a favor é razoada e coincidente con moitas persoas, tanto de dereitas como de esquerdas.

Anonimo ha detto...

Feministo: Parécelle a vostede que esta é unha forma respectuosa e razoada de argumentar?:

"El novelista opina que, con los errores lingüísticos, 'hay que tener mucha paciencia y tener muy presente que la lengua es libre para que cada cual la hable como quiera'. 'Pero yo, a mi vez, soy libre de decir que una persona habla como un perro o que habla fatal'"

alturista

Feministo ha detto...

É vehemente pero non irrespetuoso; e ademáis, ao meu ver, ten razón. Por outro lado, nesta frase non vexo antifeminismo por ningún lado.

Anonimo ha detto...

Entón, feministo, terá vostede que aceptar de bo grao que eu lle retruque a vostede, con toda vehemencia: "yo, a mi vez, creo que habla usted...".
saúdos.
alturista

Delapierre ha detto...

Teño aínda moi gravado cando ouvin o nome de Bibiana Aído por primeira vez e o Ministerio que ocupaba. Por curiosidade, dado o meu descoñecemento lín o seu curriculo e pensei que debería ter "algo" máis para ser ministra.
Co tempo, non teño millor opinión e a culpa a ten o seu jefe que non-o aturo.
O meu, por tanto, e unha aversión por simpatía. Téñomo que mirar, non sin antes recoñecer que o xefe desta casa lle vota güevos

Anonimo ha detto...

A verdade é que Zetaparo non tivo sorte coas ministras que el mesmo escolleu. Recordemos: Trujillo ("soluciones habitacionales"), Carmen Calvo e a súa sucesora González Sinde (a santa patroa dos internautas), Magdalena Álvarez ("estoy harta del plan Galicia de mierda"), Carme Chacón e, por último, a grande entre las grandes, a ministra de economía Elena Salgado.

Sir John More ha detto...

No sé, no sé, creo que este gobierno y otros autonómicos del mismo partido (y no digamos los de otros partidos) hacen poco o nada ante la situación catastrófica de la educación. Y sin embargo ponen a una persona ineficaz (me da igual que sea mujer u hombre) a dirigir un ministerio de igualdad que, como dice alguien en los comentarios anteriores, no es por defecto beneficioso. Sobre todo cuando es más un ministerio de propaganda (otro más) de la bondad progresista del gobierno, y menos un modo de afrontar en serio los problemas, y de conseguir que todas las mujeres en este país sean tratadas como personas, que es lo mejor que le puede pasar a una ídem. Que ataquen de una vez la raíz de los problemas de la educación en este país, y entonces nos empezaremos a creer que todos estos guapos ministros y guapas ministras sirven para algo. Abrazos.

ms ha detto...

Estou de acordo: a educación (en todas as acepcións do termo) pública parece que non lle interesa á esquerda española do PSOE. E aí está a base de todo:

Velaquí un artigo de Vicente Verdú sobre ministra-florero Aído:

http://www.elpais.com/articulo/sociedad/calzoncillos/pieza/clave/elpepisoc/20100410elpepisoc_10/Tes

Los calzoncillos como pieza clave
onterías aparte, un ministerio de la igualdad, para la igualdad o por la igualdad sexual tendría que ocuparse (igualmente) de las diferencias, que asidua o circunstancialmente, disminuyen a los hombres.

No obstante, el caso es que a fuerza de levantar grandes banderas a favor de la mujer quedan enterradas los pocos banderines de los hombres o bien, a causa de realzar la injusticia histórica sobre la mujer se ha fundado una secreta injusticia hacia los hombres. No es necesario que esto lo entienda la ministra cuando ni siquiera entiende el cuento de Blancanieves.

Merece la pena, sin embargo, que a estas alturas de la Red, los estudios de sexos, genes, neuronas u hormonas, la atención se dirija también a la maltrecha figura del hombre, su confuso papel de padre, el maltrato femenino de la masculinidad y, en general, al paleto enaltecimiento de lo femenino como el índice contemporáneo por excelencia.

De hecho, nunca se llegó tan lejos, en aras de "la igualdad", a rebajar el ser de los hombres. Hombres borrados del lenguaje a través de lo políticamente correcto, difamados en el sistema familiar, desacreditados en sus formas de amar, lacerados en las sentencias de divorcio, envilecidos en la violencia de género, descartados, en fin, como portadores de algún don significante que convenga al futuro. Pocas campañas contra un grupo social fueron tan duras y generalizadas.

Hay presidentas de Gobierno y presidentes de Gobierno, pero estos necesitan legitimarse no sólo mediante los votos sino con operaciones maquilladoras que, en España, debido al enfermizo feminismo de su primer mandatario, eligen a Bibiana Aído. Un nombre apropiado, efectivamente, ideal para una nueva línea cosmética.

¿Qué se ofrece, entre tanto, "igualitariamente" a los hombres? Prácticamente nada. Todo el apoyo recibido últimamente por la masculinidad, estética o no, debe agradecerse casi en exclusiva al denuedo de algunos creadores homosexuales en cuya tarea, el nuevo diseño de los calzoncillos puede considerarse clave.

Hasta ahora mismo, las secciones de lencería femenina, en galerías o grandes almacenes, escenifican siempre un universo de ensueños, transparencias y gozos tal como si a la destinataria correspondiera un grado de divinidad al que, por contraste, jamás llegará un hombre.

Todavía la mayoría de los comercios disponen las prendas interiores masculinas sin tratamiento imaginario. Elementos necesarios, sin más. El cambio en la publicidad que empezó a registrarse hace poco a través de Calvin Klein, Hugo Boss, Armani o Alexander McQueen debe agradecerse, casi en su totalidad, a impulsos homosexuales.

Estos calzoncillos, estampados de plumas y arabescos, con flores o tortugas, muestran una exaltación del atractivo viril que la historia había desdeñado en los dos últimos siglos. Pero, en estos momentos, el nuevo presidente de la firma Alexander McQueen -tras el suicidio de su creador- declara que "el desarrollo de la división de hombre es una prioridad" (EL PAÍS, 9-4-2010).

Naturalmente: el mercado de la cosmética femenina se encuentra saturado desde hace más de un lustro, pero el de la joyería, la sastrería o la lencería, también. Ningún Instituto del Hombre protestó respecto al fondo de esta discriminación. Lo bello y admirable era el cuerpo de mujer mientras el hombre sólo miraba y deseaba. La diferencia provoca esta asimetría cruel. Pero ¿la proclamada igualdad a través de la línea Bibiana Aído resarcirá al hombre de los anteriores agravios? Claro que no. Ni siquiera es probable que entienda ella (ella y sus afines) el sentido común de este texto.

Anonimo ha detto...

Crece el acoso de los presos a funcionarias en Galicia
La unificación de escalas permite el trabajo de mujeres en módulos masculinos, "entre insultos y obscenidades" // Se enfrentan a violadores que no han visto a una chica en 9 años

La noche se mueve en las cárceles españolas. Una enmienda de la Ley de Igualdad suprime desde 2007 las antiguas escalas femenina y masculina. Las funcionarias pueden trabajar ahora en módulos de hombres, y los funcionarios en los de mujeres. Más allá del escándalo en Alcalá Meco, la unificación ya crea situaciones "incómodas" en Galicia. Las trabajadoras sufren más vejaciones por parte de los internos. Deben efectuar a solas las rondas o recuentos nocturnos. Y entre celdas se encuentran con amenazas, insinuaciones y hasta acoso sexual.

Berta Fernández, del sindicato CSIF y funcionaria en la prisión de A Lama (Pontevedra) pone un ejemplo: "Los internos les dicen a las trabajadoras ven aquí que te quiero f....r". Confiesa que "te da vergüenza relatarlo en el parte, el preso sólo recibe una amonestación leve". Según los sindicatos, la Dirección General de Instituciones Penitenciarias pide que "nos acostumbremos aunque sea desagradable". El trabajo se complica: las funcionarias no pueden cachear a los presos o entrar solas en su celda, labores que quedan para los compañeros varones. De los 4.798 presos en las cinco cárceles gallegas, 307 son mujeres.

Los afectados recalcan que "entra en conflicto la legislación que obliga a separar presos y presas con la Ley de Igualdad". Los convictos por violación o violencia de género no pueden acceder a los módulos de convivencia, donde hombres y mujeres realizan actividades conjuntas. "Pero las funcionarias trabajamos con violadores y maltratadores", comenta Berta. En algunas rondas, las funcionarias se encuentran presos desnudos. "No sabemos si por casualidad o porque se ponen de acuerdo, su obligación es estar vestidos", puntúa Margot, funcionaria en Teixeiro (A Coruña). Las trabajadoras asisten a "faltas de respeto, insultos, obscenidades, humillaciones, vas sola y es más violento, temes un motín". Margot admite que "me queda mal cuerpo tras las situaciones de peligro".



estallido de meco. La vida entre rejas no tiene nada que ver con la primavera en la calle. "Presos aislados por violación que han pasado 9 años sin ver a una mujer se encuentran ahora con una funcionaria", comenta Berta. El choque resulta muy duro para el funcionariado de la antigua escala. La asociación Adeip denuncia que "se han restringido nuestros derechos adquiridos en oposición".

Colea el estallido de Alcalá Meco. "La Ley puede contribuir a que estas situaciones se produzcan", afirma Berta. "Lo de Meco no pasaría si los funcionarios fuesen mujeres", insiste Margot. Temen que se multipliquen "las denuncias falsas". Pedro Vázquez, funcionario de Teixeiro y portavoz del sindicato Acaip, recuerda que "en cárceles del sur el 50% de los funcionarios son mujeres". Madrid y Castellón ya suspendieron las vacaciones para evitar que las funcionarias quedasen solas al frente de la cárcel. Las presas tampoco aceptan a los funcionarios, aunque los cacheos sigan en manos de mujeres. Según Vázquez, "en Galicia sólo hay disfunciones pero pronto llegarán los problemas".

phermida@elcorreogallego.es

Anonimo ha detto...

Arume, home... Nin machismo nin feminismo, o que fai falla neste País e ser PERSOA.
Mentres non sexamos persoas, isto que escribes vale para pouco máis ca nada.

Unha pena...