Caxigalines nella Reguera'l Campizu

21 maggio 2010

TRISTE E CHOROSA

Son éstes días de despedidas. De peches máis ben de tempada. De liquidacións. De rebaixas tamén. De revisión de libros de contas. De axustes tamén. Pero, sobre todo, de despedidas. Hoxe cae a primeira. O curso foi complicado, difícil, por veces nada alentador. Demasiados atrancos, problemas de loxística e, sobre todo, económicos impediron que saira tan ben coma eu pretendía. Pero sempre estaban eles/elas para tirar do choio. Un sorriso fugaz, un agradecemento efímero bastaron nalgún momento. O de tirar a toalla rondou e ronda case sempre, pero esta xente desármate cunha demanda ou cunha palabra de ánimo. E así non se pode non seguir.
Hoxe voume despedir (de momento e por este ano) desta xente arroutada e valente, rufa e entusiasta. E xa me avisaron: "o barco a Cangas non sae ata as seis".

Nessun commento: