Escribe hoxe Alfredo Conde sobre os asuntos que se repiten nas novelas actuais: mocidade ou infancia nunha aldea, cos contos orais que acompañan a ese mundo, as revoltas sociais arredor do 68 mitificado, e, se non leo mal, tamén historias de profesores. Todo isto por unha cuestión que el presume (e eu entendo das súas palabras) xeracional entre os escritores/as. Alfredo Conde conta isto case de rebote, porque declara que non atopa nada de que escribir, xa que está a ler todo o tempo. Pois hai que agradecerlle este último recurso, porque este tema é un dos que a min particularmente máis me interesa e do que falo con certa frecuencia cos amigos/as lectores/as. Porque ultimamente boa parte das novelas que comezo a ler deixa tras os primeiros compases unha notable sensación de dejà vu, tanto en asunto como incluso en estilo, o que xa parece máis insólito. Non son quen de precisar tanto como Alfredo Conde, porque leo moito menos ca el, pero as que leo non chegan a interesarme en xeral moito. As que el comenta tamén a min me resultan insípidas, aínda que queda en min certa mala conciencia, habida conta do esforzo e do traballo admirable que conteñen eses libros, que ademais, polo xeral, non son nada breves. Non sei se é que me fago cada vez menos resistente ou cada vez máis tiquismiquis, ou as dúas cousas ao tempo, pero o certo é que para que me entre unha narración necesito agora demasiados elementos, e ás veces nin con eses aturo siquera o pacto narrativo que convimos implícitamente ao mercalo: son excesivos xa os casos en que me pregunto para que conta esto este/a, que necesidade hai de contalo.
Ás veces conclúo, despois de pensar que agardo eu dun texto narrativo, con esta pregunta: será posible que haxa algún día en que deteste o xénero mesmo da novela?
2 commenti:
Para cando nos vemos en latri.ca?
Antes había outro tema máis que engadir a estes: o dos toliñoas das aldeas. Todos tres evidenciaban cousas, pero entendo que unha fundamental: a de permitir o acceso a unha linguaxe propia da primeira idade do home, unha linguaxe máxica que sobrevivira na aldea arredor dunha cultura agraria mías propia e nosa que calquer outra. Ó vírmonos todos en urbanitas alá se foi e todo son reminiscencias. A cousa e de maior tratamento e consideiración e da da pra moito. Pero os artigos son o que son e os comentarios tamén. en calquer caso graciñas pola atención. E faikke caso a ese/a latri.ca dunha bendita vez
Posta un commento