Caxigalines nella Reguera'l Campizu

20 maggio 2010

INTIMIDADES


Ver as parellas bicarense ou iren da man pola rúa (en especial, as de certa idade) é unha das cousas que máis aprezo na vida. Será porque eu, coa naturalidade de non pensar siquera que o fago, tamén acostumo a ir abrazado, da man e, de cando en vez (e sen falta), a bicar á persoa coa que vou de amoroso paseo. Tamén estimo moito ás parellas que nas terrazas, nos campeiros (cando fai sol), nos bancos dos parques aproveitan a vecindade para agarimarense ou para prodigarense en bicos mil. Para min sempre foi mostra dunha sociedade libre (poño libérrima) e ceiba por completo de prexuízos. Non admito nin o máis mínimo reproche a quen amosa o seu desexo en público.
Comento todo esto porque non é raro notar entre algúns paseantes que se cruzan unha expresión de abraio ou de incomodidade diante do que para min é o máis natural do mundo. Como, polo habitual, non son nada consciente de que estou a facer algo tan distinto coma o de dar un paso tras outro para camiñar, quedo ao principio algo pampo do seu careto acretinado (asoma a lingua polos beizos de parvura), pero, despois, arranxo a cousa cunha máis ostentosa (e se podo libidinosa) exhibición de desenfreno.
Con esta calor, xa non sei por que escribo estas intimidades hors catégorie: teño que saír axiña, urxentemente, para a paseggiata.

2 commenti:

Beluka ha detto...

Si te miran por iso... que lle vaian dando (que se miran, é porque non lle deben dar moito e teñen envexa).
Apertas!

Anonimo ha detto...

QUE GUAY, COMO MOLA