Caxigalines nella Reguera'l Campizu

20 agosto 2011

AS ITALIAS


Volto da Italia esgotado pero feliz, coma sempre. É un bálsamo necesario ou máis ben un estimulante febril que consiste en esquecer durante un bel tempo as apaixoantes liortas domésticas (ao parecer fundamentais) e abandoarse a outro idioma, a outros costumes, a outro clima. Alí tamén cocen fabas, pero ofrecen variantes preparatorias sempre interesantes. E aprendes a gardar a suficiente distancia sobre os fenómenos, que tantas veces (ou case sempre) igualan ás sociedades. A min chegar de Italia, coa descomprensión dun agosto aínda cálido, váleme para resistir durante longas tempadas. Durante estes días, tratarei de poñer aquí o que traio, en estado de ebullición e caos, na cabeza, por poñer unha parte do corpo máis ou menos recoñecible.

Nessun commento: