Caxigalines nella Reguera'l Campizu

15 settembre 2011

A CAIXIÑA DE FEIJOO



Honra ao presidente da Xunta de Galicia que hoxe recoñeza que no tocante á fusión das caixas e a deriva posterior nada saiu coma o governo galego quería, porfiaba e pretendía. Obrigado está a sinalar que dos piores escearios posibles este que quedou é dos mellores. Pode consolarse e consolar a poboación co clásico "puido ser pior" (o que aínda está por ver, visto o visto), pero non evitar que esteamos a anos luz do que propuxeran hai apenas dous anos. 
Hónrao, sen dúbida, aceptar o fracaso máis absoluto, pero non podo deixar de recordar a batería de declaracións durante este tempo (sen contar modificacións ad hoc de leis) que agora poden ser esquecidas. Lidas hoxe, producen entre tristeza e vergonza infinitas.