Caxigalines nella Reguera'l Campizu

5 settembre 2011

DESDE AS UVAS NA SOLAINA


No exame das entrañas do blog que tiven que facer estes días, un detalle destacou por riba dos demais, un detalle ademais especialmente emotivo: miradas as fontes das visitas recentes deste blog, atopei que boa parte delas procedía do blog do querido Marcos Valcárcel, As uvas na solaina. Sospeito que moita xente aínda entra n'As uvas cunha fidelidade que eu acho marabillosa e desde alí camiña por outros vieiros. Este blog, como todo o mundo sabe, non existiría de non ser por el nin polo seu blog: nin o blog nin este arume que escribe. Desta maneira, sabendo que aínda veñen os camiñantes daquela rica solaina, este blog segue alimentándose.  

Ilustración: vendima en Coea, Navia de Suarna. Fonte: galería de fotos do CPI Daniel Monje de Navia.

9 commenti:

detective crepuscular ha detto...

Pobre doutor Athos Fadigati, a que lle ven encima, triste destino o que lle aguarda, a desfeita que o ameaza xa non ten volta atrás. Levo a metade da novela e, efectivamente, é unha xoia. Xa sabe, don Arumes, que eu son un simples leitor, nada experto en análises literarias de fondo nen en desentrañar claves internas ou arquitecturas novelescas deste ou daquel signo construtivo. Leo por pracer e bástame con dicer, por exemplo, dunha novela que é "boísima", "espléndida" ou "impecábel", para saber exactamente que cousa quero dicer. Calquer destes tres calificativos ou os tres xuntos son aplicábeis a GLI OCCHIALI D´ORO (Pitol traduce occhiali por ANTEOJOS e logo na novela aparece case sempre LENTES). Unha grande novela breve (126 páxinas)a de Bassani, que demostra que ás veces non é tanto cuestión de extensión como de saber escoller o estilo axeitado para a historia que se quere contar e saber contala ben. Creo que a opinión ao final da novela ratificará a que agora susteño coa metade lida, porque hai cousas que se ven vir e non levan a engano, non poden levar a engano. Xa consultarei as datas de publicación, pero así, nun principio, fíxome lembrar MUERTE EN VENECIA de Thomas Mann. Póñolle un fragmento da terceira páxina do capítulo VII para que vostede, que seguro que a ten e a leu en italiano, poda achegarse/contrastar a tradución.




Rechazado, trató entonces de buscar fortuna con la política. La guerra de España estaba a punto de terminar con la victoria de Franco y del fascismo. Una mañana, mientras daba un vistazo a la primera página del "Corriere della Sera", seguro de no decir nada que pudiera desagradar ni a Nino ni a ninguno de nosotros, sino más bien convencido, sin duda, de que todos seríamos del mismo parecer, Fadigati expresó la opinión, nada peregrina en aquella época, de que el inminente triunfo de "nuestros legionarios" debía considerarse como algo muy importante. Y en cambio, de pronto, se desencadenó lo imprevisible. Como sacudido por una corriente eléctrica y alzando la voz de tal manera que Bianca, en determinado momento, tuvo que ponerle una mano en la boca, Nino comenzó a gritar que tal vez se trataba de un desastre que, contrariamente a lo que él decía, era el principio del fin, y que él debía avergonzarse por ser, a pesar de su edad, tan "irresponsable".

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

As conversas cos estudantes de Ferrara a Bologna. Non parece mal traducido, pero se cadra sobre outra versión: por exemplo, "tuvo que ponerle una mano en la boca" no orixinal é "pensò bene di mettergli una mano sulla boccca". Tamén no orixinal todo ocorre despois de ler a primeira do Corriere e aquí é mentres. Nimiedades, como se pode ver.
"Scusa, caro figliolo... vedi.. se permetti...", badava a ripetere Fadigati, pallido più d'un morto. Smarrito sotto l'imperversare della bufera, non capiva. Girava gli occhi attorno quasi a chiedere una spiegazione." Continúa Bassani, con ese ritmo (léase en alto ese badava a ripetere Fadigati") con ese entreterse coa música das palabras.
Tamén convén adxudicarlle a Bassani o mérito de publicar Il Gattopardo.
Alégrame que desfrute con libro tan extraordinario.

detective crepuscular ha detto...

Sen ánimo de abrumalo, póñolle un cacho do capítulo VIII, na praia de Riccione, onde se demostra o que xa se intuía nas primeiras liñas: que o doutor Fadigari é todo un personaxe, capaz de despertar sentimentos e opinións non submetidas somente á tiranía do "branco" ou "negro".


Dirigiendo los impertinentes bajo el parasol al que se había acercado Deliliers, la señora Lavezzoli, que había nacido y crecido en Pisa, "a orillas del Arno", y utilizaba con extraordinaria destreza su veloz lengua de toscana, nos tenía continuamente informados sobre todo lo que "allá" estaba ocurriendo.
...
Oh, aquel Deliliers, comentaba después,...en el fondo no era sino un muchacho viciado, un muchachón a quien el servicio militar le hubiera hecho mucho bien. Pero el doctor Fadigati, no. Un hombre de su posición, de su edad, no era de ninguna manera excusable. ¿Tenía determinados gustos? ¿Era "así"? ¡Muy bien... paciencia! ¿Se le habían hecho cargos excesivos antes de ahora? Pero exhibirse precisamente en Riccione, donde sabía que era conocido; ir a dar precisamente allí su espectáculo, mientras en Italia, si uno quiere, encuentra playas a millares, en las cuales no hay peligro de tropezar con un solo ferrarés. No, fuera: sólo de un "cochino" (y al decir eso la señora Lavezzoli expedía por sus grandes ojos celestes de reina flamas de auténtica indignación), únicamente de un "verdadero degenerado" -añadía- se hubiera podido esperar algo semejante.

Me hubiera gustado que la señora Lavezzoli no hablara tanto. Me parecía injusta. Fadigati me desagradaba, sin duda, pero no era por él por quien me consideraba ofendido. Conocía a la perfección el carácter de Deliliers. En aquella elección de las playas romañolas próximas a Ferrara, se traslucía toda su maldad y su arrogancia. Fadigati no tenía nada que ver con aquello, de eso estaba yo seguro. Tenía la impresión de que se avergonzaba.

E coa mesma, vou continuar co capítulo IX.

ms ha detto...

Quedou sen voz o Marcos e calaron as voces en diálogo de Saavedra, Arume, Api, Xan da Cova, Medela, o detective... e tantos outros. Unha mágoa. Bótase de menos aquela casa...

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

"Sporcazzione" e "vecchio degenerato", di o orixinal sobre os calificativos de Lavezzoli sobre Fadigati. Non sei por que di "verdadero degenerado". Ese "cochino" non parece tanto insulto como o termo italiano.

detective crepuscular ha detto...

Xustamente agora, que estou a escoitar unha entrevista co escritor catalán Jaume Cabré sobre a sua novela recén publicada (JO CONFESSO) de 1000 páxinas, 1000 páxinas! nada mais e nada menos, que xa califican de obra mestra, penso na prodixiosa capacidade de síntesi de Bassani e como é quen de dicer tantas cousas en tan poucas páxinas (126). Unha lección de vida, don Arumes, política incluida, cos tambores de guerra nazis de fondo, na liña da dos Finzi-Contini, cuxos apelidos tamén aparecen nesta. Un berro contra a intolerancia, contra os que se deixan ir através da corrente sen advertiren o verdadeiro perigo. En suma, unha "noveliña" recomendábel, que non só non defraudou as miñas expectativas se non que as incrementou.

Los periódicos hablaban mal de los israelitas, había continuado diciendo Bocchini, pero únicamente por razones de política exterior. Era necesario comprender. En los últimos meses el Duce se había visto en la necesidad "ine-lu-di-ble" de hacer creer a las democracias occidentales que Italia estaba íntimamente vinculada a Alemania. ¿Qué argumento podía encontrar que resultara más persuasivo que un poco de antisemitismo? Bastaría una contraorden del mismo Duce para que todos los perros rabiosos del tipo de Interlandi i Preziosi dejaran en el acto de ladrar.
...
CONOCIDO PROFESIONAL DE FERRARA AHOGADO EN LAS AGUAS DEL PO CERCA DE PONTELAGOOSCURO
...
Respiré profundamente. Y entonces comprendí, sí, antes de que comenzara a leer la media columna bajo el titular. No hablaba precisamente de suicidio, se comprende, según el estilo de la época, de desgracia...
...
-Ha muerto el doctor Fadigati -anuncié.

PD. Saúdos, ms.

Xoán Ramón Díaz ha detto...

Os camiñantes, señor Arumes, precisan atopar de cando en vez unha sombra hospitalaria, cunha pedra para sentar -"nunha pedriña me sento..."- e unha fonte de auga clara para matar a sede.

Vostede plantou un vizoso castiñeiro á veira do camiño é deixou agromar un manancial ou chafarís, dáme igual, para repouso ricaz dos camiñantes.

Penso que a orixe do vello castiñeiro que hai na mesma porta da casa begonteña que disfruto xunto á miña muller e ás miñas fillas e netas e calquera outra xente que por alí se achegue, é esa mesma: crear unha sombra hospitalaria para os camiñantes de hai cento sesenta ou cento setenta anos. Ata esa sombra chegou o xa querido amigo Detective crepuscular, pero eu, desgraciadamente, non estaba na casa. E ben que o sentín. Achegueime ata a casa dos seus parentes, pero só vin o coche de Chus e xa non petei na porta. Outra vez será.

Grazas, en calquera caso, señor Arumes, e disimule a digresión persoal. Apertas sentidas, de veras.

detective crepuscular ha detto...

Así foi, amigo Xoán Ramón, pasamos primeiro polo cemiterio de Rábade e logo polo de Begonte a porlle unhas flores á Teté e á tía Pilar e xa de baixada cara a casa da Chus e familia (e mais do novo e xoguetón inquilino, o cadeliño Lucas) decidimos parar na sua casa e vostede non estaba (o próximo verao probaremos de novo, e de repetirse o deste ano, non se preocupe, que lle deixaremos unha mensaxe nun ourizo do hospitalario castiñeiro). E xa que falamos de cemiterios lugueses, este verao aproveitamos para visitar as tumbas de Manuel María, que nos queda alí perto, e a de Cunqueiro, que non é que nos quede mui lonxe. E o verao que ven tócalle, pero sen falta, á de Ben-Cho-Sey, en Ourense. Como se me pudo pasar daquela vez que visitáramos as consabidas de Otero Pedrayo, Blanco Amor, etc. Para unha que ten epitafio... Permítanme porlle o de Ben-Cho-Sey, por se non o coñecen, que mo pasou un amigo e que ben seguro e para a sua desgraza non figura naquel libro de Ramón Gómez de la Serna (LOS MUERTOS Y LAS MUERTAS). Póñolla en MAIÚSCULAS, que é como figura na lápida:

O SEÑOR
D. XOSÉ RAMÓN E FERNÁNDEZ OXEA
(BEN-CHO-SEY)
GRAN CRUZ DE MONTEALEGRE,
COLECTOR DE BARALLETE,
PREBOSTE DE TANGARAÑO
TEN O GUSTO DE LLES OFRECER
ÓS SEUS AMIGOS O SEU
NOVO DOMICILIO NOP CUMIO DO
CIMITERIO DE OURENSE,
ONDE OS AGARDARÁ ATA QUE O
BOTEN DALÍ OS EDILES DE TURNO.
A SUA DONA E A SUA FILLA PRÉGANLLE
ENCOMENDEN A DEUS A SUA ÁNIMA.
NOTA.- QUEDAN SUPRIMIDOS
TÓDALAS HOMENAXES POSTMORTEM
PORQUE AS COUSAS OU SE FAN
Ó SEU TEMPO OU NON SE FAN.

P.D. ou POSTMORTEM: Amigo Xoán Ramón, eu como non deixo para o verao a leitura dos best-seller, porque apenas son leitor de best-seller, e mais ben deixo que me guíe o azar, dei na biblioteca do meu povo con A XEADA NEGRA e mergulleime nas aventuras de Meiriño e Gaiarre. A verdade é que non coñecía o seu libro e paseino mui ben con el. Xa ve para o que dá un verao.

Xoán Ramón Díaz ha detto...

A verdade é que sinte un certo pudor de falar de si mesmo en casa allea, irrompendo, ademais, nun fío que ía por outros vieiros. Certo que aínda non puiden ler co vagar e a atención que merecen todos estes últimos posts do señor Arumes. Agora mesmo ándolles moi enleado coa preparación do que, se cadra, resulta ser un novo libro. Penso que me metín nun xardín demasiado mesto e que precisa dunha fatigosa laboura de limpeza e desbroce. Ben, ao mellor chegaba con dicir rozar, que é como din os paisanos de por aquí, aínda que iso sexa máis ben para os valados.
Celebro que gostase da miña A Xeada Negra. Buscarei o modo de facerlle chegar Chuvia Mansa, onde Meiriño e Gaiarre continúan a arranxar o mundo. Por certo, Il Gatopardo xoga un papel de certa relevancia nesta segunda novela.
Gracias, pois, señor Detective, e gracias de novo tamén ao señor Arumes por deixar este espacio á nosa disposición. Recoller o espírito d'As Uvas na solaina non parece cousa doada, pero, ¿quen sabe?, pouco a pouco se cadra o imos recuperando, trasvasando a estes eidos atravesados de arriba a abaixo por el.

Continuaremos no camiño e continuaremos agradecendo castiñeiros inzados de frescura e de verdor que nos acollan nas horas máis ardentes. Saúdos.