Caxigalines nella Reguera'l Campizu

24 settembre 2011

DI CAFFÈ


Polos andeis do eroski comprobo que o éxito do café en capsuliñas é evidente. A medida que pasa o tempo vai ocupando cada vez máis lugar no súper e vai acurrunchando ao café moído e ao café en gran, xa case agochado. Agora esta moda capsular, mesmo algo extendida na propia Italia, o que xa manda, vaise impoñendo. Para o meu abraio, xa que non alcanzo a comprender como a xente merca un café que costa case cinco veces máis có outro (un kilo destes costa uns 24 euros, mentres o kilo dun café normal, digamos bó, pode acadar a astronómica cifra de 5,3 euros; se é excelente, tipo illy ou lavazza, uns 15 euros). Cal é a razón do aumento exponencial de vendas deste caro e algo incómodo (tes que comprar estes recargos ad hoc) producto que, ademais, por empregar plástico rexeitable, resulta menos ecolóxico? Deixando aparte a George Clooney que tamén contribúe, a incrible capacidade seductora do italiano funciona ás mil marabillas. Así se explica que, por riba, as lendas e os nomes das distintas gamas deste café insistan no idioma italiano como anzol. Poucas veces vexo tan claramente o poder de atracción dun idioma, dun país, dunha forma de vida: a de facer dolcemente niente. 

6 commenti:

Ar ha detto...

Polo mismo motivo polo que a xente vai ó Eroski en ves de ó Jadis!

xos ha detto...

Ademáis de caro, ese café é moi malo.
Polo demáis, entre o Eroski e o Gadis ¿merco nun supermercado do país, ou un pertencente a unha das mellores cooperativas do mundo, de exemplo de economía social?, e que por certo, en Galicia o 50% pertence ao antigo grupo vegonsa? Porque Eroski tende a aliarse con grupos locais.
Pero o do café, si, ten delito. Estamos dispostos a pagar máis por un café peor, pero iso si, os libro de texto son moi caros...

Peke ha detto...

Pois eu non coñezo tal café. Podías poñer un enlace a unha foto onde se vex o invento?

Peke ha detto...

Vexa, claro.

emaessa ha detto...

Para facer un bo café hai que ter boa auga, bo café acabado de moer, dispoñer dun maquinillo axeitado, coma o que teñen nas cafeterías, e que cho sirvan ben quente.

Todo o demais é querer e non poder.

O éxito do café en capsuliñas pódese explicar por varios motivos:

- Disque fai escuma coma o das cafeterías. Aquí o importante xa non é se é mellor ca o da Melita ou o da italiana, senón que faga escuma.

- Abrir o paquete de café, moelo, poñer o filtro na Melita (ou na "italiana"), botar o café alí, encher de auga o cacharro... e cando se acaba o café ter que botar o filtro co café ao lixo (ou lavar a cafeteira) require moito esforzo.

- É unha cuestión de estatus. Se fulanito e zutanita teñen este trebello na casa e nos invitan a este café de cápsulas, pois nós tamén o temos que comprar. Non imos ser menos.

- A marca "oficial" que vende as cápsulas insiste na "exlusividade" do produto, aínda que certas Marcillas e derivados xa encontraron a fórmula de vender as súas propias capsuliñas.

- Entrar nas tendas oficiais é coma acceder ao Paraíso en vida. Coma se entrases nunha desas xoierías da calle Serrano de Madrid, asesorado por unha azafata. Ademais, alí dentro estase moi ben e o café ten mellor cheiro ca sabor. Ás veces danche a profar café de balde, hai xente ben vestida e non hai pobres.

Paz Zeltia ha detto...

pois xente ben cafetera din que lle gusta!
a min sedúceme todas esas variedades para elixir
[é un pijerío, sin duda.]