Caxigalines nella Reguera'l Campizu
23 settembre 2011
MOITO ME TARDA
Moito me tarda o verán. Xa sei que vivo nun país que ama o outono e as temperaturas frescas. Que bota de menos a chuvia ou a presencia de nubeiros, máis ou menos escuros, no horizonte. Que apreza a manta sobre os ombreiros mesmo en días de agosto. Que ama a poalla cando mira pola fiestra o resplandor da néboa sobre a ría. Que ten preparados os pulsos para portar o paraugas. Seino e afágome, por tradición, por inercia e por non importunar demasiado aos amantes da friaxe e o abrigo, a esa humidade, a eses ventos, á leve ou intensa inclemencia. Seino, pero moito me tarda o verán.
Iscriviti a:
Commenti sul post (Atom)
4 commenti:
E a min. Moito me tarda!
Suscribo.
pois agora... xa vai alá!
;-) (uff)
O vrao é a mellor época do ano para canviar Constitucións españolas. Ben o sabe o PPSOE! Pola contra, é a peor época para te poñerse enfermo ou operarse: disque pechan hospitais a mazo!
Posta un commento