Caxigalines nella Reguera'l Campizu

20 settembre 2011

MUDANZA DE LIBROS


De cando en vez fago limpeza de libros na casa, resolta con apenas unha leve mudanza de andel. Mentres recoloco, releo por riba os libros. Miro as dedicatorias, algún verso suliñado, algunha anotación á marxe. Reparo nas páxinas dobladas. Deteño a miña vista nalgún poema e descubro que non lin todas as palabras, que non mirei dentro dalgunhas letras. Volvo a ler despacio. Paso a tarde falando en silencio. Coma cando tomaba o río deitado baixo as sombras dun salgueiro. 

3 commenti:

detective crepuscular ha detto...

Don Arumes, o domingo dei con un LA VIDA DEL BUSCÓN LLAMADO DON PABLOS por un prezo irrisorio, ou mellor, eurrisorio, coas tapas un pouco deterioradas (terei que aplicarlle unha operación de cirurxía reparadora) e publicado por Ediciones Marte no 1966. Non dubidei nen un instante en levalo cuando vin que estaba ilustrado con 71 debuxos preciosos e mui de época dun tal Goñi. Xa me dirá vostede, ilustrado como é en Quevedo e en tantas outras cousas, que lugar lle reservo nos estantes xa de por si faltos de espazo e primorosamente ocupados por outros autores non menos importantes. Con este xa son tres os BUSCÓNS que teño, e supoño que a leitura deste será outra leitura diferente da dos outros dous, pois sempre pensei que toda colección, así como toda releitura, propoñen e determinan unha nova leitura. Como se fose outro libro.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Dígame, señor detective crepuscular, un lugar en Barna onde deixar algún libriño á súa saúde. E se visita esto Ms, tamén.
De Buscóns está o mundo cheo. E é brincadeira pésima. Dedicarei post a explicalo.

Rub ha detto...

Eu tamén dobro páxinas (¡pecador!)e redesordeno libros.