Caxigalines nella Reguera'l Campizu

15 settembre 2011

RETORNO Á OCA, O OUTRO MELLOR RESTORANTE DE VIGO


Volvín á Oca, como debe ser. No corazón dun Teis que pide república independiente, o restaurante continúa a ofrecer unha das mellores cociñas deste país. Os pratos, todos eles excelentes, sen discusión posible (eu comín cocochas de pescada de Celeiro pero probei entrecots con variedade de sales e mirei para unha perdís vermella que quitaba a respiración), uns postres luxuriosos (que convén non mencionar para non provocar o pasmo) e o viño, un Madai, aimimá, espectacular, glorificaron o magnífico xantar. Pero o foie fresco nun leito de mazás con redución de aceto balsamico di Modena non se pode nin tentar describir: paga a pena recorrer miles de kilómetros para probar ese prato esquisito. 
Grandísima A Oca de Teis.  

1 commento:

Unknown ha detto...
Questo commento è stato eliminato da un amministratore del blog.