Caxigalines nella Reguera'l Campizu

23 dicembre 2011

DORNA AO PAIRO


Escribo estas palabras desde unha dorna ao pairo do mar de frades, desde o Campidoglio que mira as ruínas de Roma antiga con fondo de coliseo, desde as dunas negras de Morouzos antre os piñeiros, desde a lagoa ardente de Proserpina, desde as sebes inmaculadas do xardín de Luxemburgo, desde o peirao perdido de Oban, desde a baranda dunha ponte de Irkutsk, desde a barra incandescente dunha baiuca de Durham, desde as vías do metro que leva a Harlem, desde a hamaca vencida dunha noite en Pergognano, desde a lámina do río que reflexa Manhattan, desde a goleta que navega o Ijsselmeer, desde a liña do tempo que cruza Berlín, desde os cantís de Lerici ou Sorrento, desde as ruelas que conducen a Kings Road, desde o tren que entra ao serán en Venecia, desde as rochas brancas de Punta san Vigilio, desde a area solitaria dunha praia de Arousa. Escribo e escribo e escribo. 

3 commenti:

Balonga ha detto...

Bicos de balde para os que escriben e para os que len tamén.

http://www.youtube.com/watch_popup?v=hN8CKwdosjE

Anonimo ha detto...

Candelas eres un populista de moito carallo...

El viento roza tu cara y crees que eres alguien... sigue así

admin ha detto...

Exacto candelas, exito zombies juegos