Cando saía do cine o outro día despois de ver Babel dese xenio que responde ao nome de Iñárritu non podía quitarme da cabeza Last tango in Paris (gústame así en inglés) de Bertolucci. Cando a persoaxe que encarna Brad Pitt incorpora á súa muller (a cándida Blanchett) con fin de acomodala para orinar, aparece un dos bicos máis fermosos da historia do cinema. Mesmo erótico, tendo en conta a agonía da muller caseque morta. Ese plano próximo, que aprisiona os rostros da parella, lémbrame aquela faciana de María Schneider naquel piso valeiro de Paris en pleno éxtase amoroso con Marlon Brando. Hoxe mesmo vexo unha continuidade entre ese deserto e a metropólis: a anguria fronte á morte e a soedade melancólica. Pero cando repaso a película e miro o final (que non revelo) sinto que de novo a forza de Brando malferido, naquel balcón parisino, co chicle pegado como testemuña da súa existencia valeira (que volverá a aparecer na seguinte película de Bertolucci, despois de Novecento: A lúa) trasládase, xa en noite, ás luces incesantes da cidade de Tokyo. O italiano filmou a película dunha época a comezos dos 70; o mexicano filma o mundo agora mesmo. A condición humana, fráxil e plena de soedade.
2 commenti:
Brad, por supuesto...
Prezado arume, estou de acordo...pero a min lembroume máis pelis como crahs, 21 gramos e por suposto lost in translation...uf! Marlon B. e a Shneider éche imposible de volver a iso...qué forza, cada bico cada mirada entre esa parella desencáixame todo o corpo...irrepetible, rachadora, destructora de mitos (¿lembras o que lle dicía M.Brando ao tempo que representaban a escea más memorable de sexo anal...?
Posta un commento