Caxigalines nella Reguera'l Campizu

26 febbraio 2007

COMMEDIA DELL'ARTE


Cando chega o solpor, as máscaras se exhiben. Todo en silencio. Moven lentamente os brazos, xiran a cabeza cun aceno de impostura mil anos calculada. O viaxeiro eterniza a imaxe, pero toma o tren á noite, incapaz de entrar nin un solo instante na súa festa. Contempla a superficie e durme complacido só co esplendor de ouropel e cores.

3 commenti:

Anonimo ha detto...

Compráceme ter coincidido contigo nesas terras que eu tamén amo. Veño "da Milano" de estar coa miña amiga Eulaliña e de emorecer de frío polas ruas valeiras na percura dun cappuccino.Falaremos estes días "per filo e per segno".
Contareiche como fun en Venezia a unha desas festas maxestuosas na casa do sogro do meu amigo Guido. Pero esa é outra historia.

Anonimo ha detto...

Amigo/a Paulina Paradiso: ardo en desexos. Veño enceso desde o Cannaregio.

besbe ha detto...

Moitas imaxes para lembrar, supoño.