Caxigalines nella Reguera'l Campizu

9 aprile 2007

CUMPLINDO

(Actualizada, 10/4/2007)
Á data de hoxe, estas son as cancións pro-metidas a r.r. (menudas iniciais: ti a tono sempre, rubén). Se for outro día, outras.

1. Melalcoholic pó. Cunha minúscula elevación tántrica. Para unhas trinta horas, Sting (o aguillón) mediante.
2. Sandy beach pó. Con area nas áreas de servizo. O escozor tamén axuda.
3. Speed (and death) pó. Such a heavenly way to die. Unha ostia contra un autobús de dous pisos e ti coa palanca de cambios.
4. Wild, wild pó. Á brava. Debaixo do palco.
CCR, calquera, pero todas seguidas, tipo Ramones: http://www.youtube.com/watch?v=Khcf9WnF4eA
5. Slow but sure. Cunha maiúscula elevación do terreo. Valen vales de pracentera armonía, pero esto vai in crescendo.

[Foto de IPP, Amor constante máis alá da morte, Kunsthistorische Museum, Viena]

10 commenti:

Moralla ha detto...

Hostias para o faraón! morrer empalmado! (iso é porque en vida andivo escaso de esmorga sexual...non debía de andar Cleopatra moi preto,ou si...)

apertas

Por certo, boa selección de música!

os concertos de clásica en Viena deben ser apoteósicos

besbe ha detto...

Curioso o silencio de Viena, xente do sur que ten vido a Galicia tenme dito case o mesmo, que aquí nos bares entras e está todo en silencio...non me extraña comparado co balbordo que meten eles, pero penso que son algo exaxerados.

E curioso tamén é o que cada país lembra e rescata da súa historia, procedo a escoitar a escolla musical que polo que ando vendo non vai decepcionar. Volvo despois se cadra a dar a opinión sobre o tema :)

Voltarías coas pilas cargadas non?

besbe ha detto...

oiga, moito che molan os CCR...que no de outkast tes a mesma ligazón, fágame o favor de correxila que andiven fedellando no youtube e non atopo a canción e non sei que me da que me ía gustar.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Para mín Travellin' Band é unha das cancións con máis enerxía da historia. Vertixinosa. Pero tes razón, Besbellinha, non era André 3000 e o seu Iddlewild blues. Agora sí. A disfrutar, pois.

Anonimo ha detto...

Arume, lémbrame que che conte un soño, aqui en público non podo dame vergonza...

Anonimo ha detto...

son eu...

Mario ha detto...

Que boa!!! Eu xa botaba de menos que alguén se lembrase dos Smiths ou de Morrisey. Pobre faraón, debe estar adoecendo.

Anonimo ha detto...

Como o cabrón do meu alter ego me sacou a palabra, vou facer aquí a miña selección, iso si, en honra ao gran Mario que foi o que me pasou a bola (tería que facelo na súa blo, pero coido que alí xa pasou a vez, síntoo). Atención, que son un clásico.
Para empezar arrimando bragueta, Year of the Cat, de Al Stewart ou/e Heart of Gold, do gran Neil Young.
Metido en fariña, empurrando ril, African Reggae, de Nina Hagen, e/ou Master Blaster de Steve Wonder, e de paso escoitades dúas das mellores intros da historia do pop-rock. Valería, tamén de Esteban Maravilla, esa xoia que é Superstition, se é que non nos desconcentramos. Non esquezades a James Brown e o seu Sex Machine. Aos non circuncidados, se escolledes esta última: coidado co prepucio e o correspondente frenillo.
Se queredes seguir movendo o émbolo, pero en steady, Bed's Too Big Without You, de Police e/ou por non perder o fío xamaicano, Crossing a River, de Secret Service (son suecos, pero valen igual).
E iso é todo, amigos. Lembrade os condóns e/ou os clinex.

besbe ha detto...

Moi ben, moi ben o de outkast, case me quedo con eles que tamén da gusto mirar pros que cantan :P

Tentarei en breve ver a selección do alter ego de de la highway :)

besbe ha detto...

Vista a selección do alter ego, quedo coas ganas de escoitar Crossing a river dos Secret Service que non a atopei no youtube, atopei a Ye-si-ca.

E si que es un clásico.