Unha canle de televisión está a pasar este último mes algunhas das mellores películas de Bette Davis, que é coma dicir algunhas das mellores películas da historia do cinema. Onte foi Jezabel, hai unha semán All this, and heaven too e hai dez días, The little foxes. En todas elas, Bettedavis é unha forza desatada da natureza. Son os seus ollos célebres, pero non menos a súa enerxía en escea, o seu xeito de superar, na época en que o cinema mudo cedía paso ao sonoro, o acartonamento propio dos actores procedentes do teatro. Bette Davis encarnou case sempre o prototipo da muller libre (ás veces castigada por iso coma en Jezabel ou en A raposa), da muller apaixoada, que pón por riba dos intereses dun mundo hostil a súa perseverancia amorosa. O ano que ven cumpliranse 100 anos do seu nacemento. Pero as súas películas, vistas hoxe mesmo, son plenamente actuais, porque amosan unha muller adiantada ao seu tempo, cun carácter e unha persoalidade senlleira e insobornable. Longa vida a Bettedavis.
5 commenti:
Ademais dunha xenial actriz, foi a "fea" máis fermosa de toda a historia do cine...
Sempre me chamou a atención que dixesen dela que era fea. A min parecíame moi atractiva.
Coincido con peke, de feito penso que o atractivo e a beleza a maior parte das veces non é so físico, se non que reside na personalidade e ela era belísima nese sentido.
En Jezabel a súa entrada nunha recepción vestida de amazona e despois no baile vestida de roxo (hai que admitilo) son mostra dun vendaval erótico, como decía Américo Castro de don Juan Tenorio. O Tenorio era un botarate: Bette Davis é admirable.
Longa vida á máis grande!
Posta un commento