Caxigalines nella Reguera'l Campizu

18 settembre 2007

ARTIGOS SOBRE ITALIA


Un novo artigo sobre Italia e a súa política saiu onte na Gazetanación. Desta vez é sobre a anomalía Berlusconi. Estou contento e moi agradecido aos amigos do xornal. Non sei se teño moitos lectores, pero sí debo recoñecer que o paso moi ben escribíndoos. Eso é o máis importante. Se me len, por suposto, moito máis, claro está.

Na foto a costa Smeralda.

4 commenti:

Xaime ha detto...
Questo commento è stato eliminato dall'autore.
Xaime ha detto...

Si que o lemos, hom, si que o lemos

Anonimo ha detto...

Comparto con vostede, amais de Ponferrada outra pasión, Italia. Só coñezo Torino e Roma, pero abonda. Roma é toda ela unha vasta epifanía que sempre sobarda, que excede e da que volto sempre cambiado.
De politica eu non entendo moito, esa é a verdade, as veces pronunciome porque un compre co seu deber de cidadán, pero non me apasiona nin remotamente, e fuxo dela todo canto podo.
A min dame a impresion de que "Il cavalieri", debería asumir unha norma profilactica da democracia, norma non estabelecida, pero pareceme que cada día mais necesaria, e que se refire, a que os lideres politicos poden ser ricos, porque non, pero o que non poden e ser propietarios de industrias que medien entre as institucións democráticas e o demos.
Berlusconi é unha alternativa autoritaria, que tende a soslaiar as institucións o mais posibel, porque lle molestan os controis as súas decisións. Como todo populismo pretende unha relación directa entre o lider e a poboación, evitando as institución democraticas. Se Berlusconi volve, co que aprendeu neste tempo a sombra, que os demócratas italianos se poñan a tremar.

Fada Branca ha detto...

A min encántame lelo, non o dubide