Caxigalines nella Reguera'l Campizu

2 settembre 2007

MATT DAMON, O HOME IMPASIBLE


Non teño ningún rubor en afirmar que O ultimatum de Bourne é unha das películas de acción máis impresionantes que teño visto en moitos anos. Teño que recoñecer que son un pouco fan da saga, pero esta última, do extraordinario director de United 93, Paul Greengrass, supera todas as demáis. As persecucións son exemplares, deixan sen alento a calquera e o ritmo, dun vértigo insuperable, logran agarrar ao espectador como poucas películas. Se a iso lle engadimos unha banda sonora poderosa e un actor de primeirísima (hoxe por hoxe para mín o mellor actor de Hollywood) coma Matt Damon no papel do atormentado Jason Bourne temos a película desta temporad(iñ)a. Porque xa sabemos que as temporadas para os que vemos películas con frecuencia dura o que tarda en aparecer outra que supere a anterior. Pero, mentres tanto, o ultimatum teno todo.

2 commenti:

apicultor ha detto...

Eu vin as dúas primeiras e non estaban nada mal. A min tamén me gusta o bo cine de acción. Haberá, pois, que ver esta terceira parte da saga.

(Por certo, non lembro xa ben se houbo antes dúas ou unha, pero dá igual)

Xaime ha detto...

Esta fin de semán collín cos cativos as tres de Bourne, e realmente é bó cine de acción e ficción.