Caxigalines nella Reguera'l Campizu

30 settembre 2007

FEBRÍCULA DO SÁBADO NOITE

Fomos onte a unha cea festeira (17 persoas) no restaurante Doméstica Causa da rúa García Olloqui. Decorado con certa gracia moderniya, que non entusiasma pero que acada un ambiente entre kitsch e acolledor, resulta eficaz para tales mesteres. Non sobresae en case nada, pero tampouco decepciona de forma radical. O problema é que as súas comidas hoxe parecen doutra época: un pouco anacrónicas na súa suposta modernidade. Uns montaditos para entrantes, o emprego do maíz de bote para as ensaladas, unhas croquetas corrientes deslocen unha boa selección de embutidos e queixos (ou sexa o que non fan e si mercan feitos), unhas gambas riquísimas e un "kuenkito" de fabas (alubias lle chaman) con langostinos moi sabroso. Pero onde o erro é máis notable é na oferta xa obsoleta dunhas peitugas de polo disfrazadas con recheos e salsas ou un arroz con mariscos pouco atractivo (en realidade, un par de anacos de peixe e uns langostinos regulares nunha paella de arroz convenientemente coloreado de colorante colorado). Para algúns, insípido; para outros, enganoso; para o común, pasable como fórmula de calmar a fame. Os viños, nada doutro mundo; os cafés, manifestamente mellorables ou indignos de levar tal nome. E o servizo, tan agradable como pode resultar o local. Pasámolo ben e creo que pode resistir unha nova visita, tal vez para picar máis que nada, porque os pinchos da barra prometen algo máis.

Logo fomos tomar unhas copiñas ao Ensanche, un clásico entre os clásicos. Demasiada música nostálxica: non sei se cando non estamos varía algo, pero un amigo sospeita que o DJ mete oitentas cando nos ven chegar. A mín cánsame e prefiro que lle dean á horterada directamente, que para escoitar boa música xa teño a miña casa. Cando marchabamos saudei ao camareiro (non sei se socio: creo que si) á porta do pub: un antigo alumno. Cando iamos para casa saudei ao porteiro do Brindis, tamén antigo alumno. Non puiden evitar a sesuda e inquedante pregunta: para que val unha licenciatura de letras?

4 commenti:

occam ha detto...

Sr. Arumes, pero que vida social tan festeira leva. Nada menos que 17 trouleantes. Supoño que meterían medo ó velos pasar pola rúa.

Con respecto a pregunta que plantexa, pois parece que vostede mismo da a resposta. Ou acaso non sabe a importancia para un porteiro de noite de manter unha conversa intelixente e amena cons clientes?

arume dos piñeiros ha detto...

Dimanche Duchamp, a quen vostede de seguro coñece, pensaba o mesmo que vostede. Para iso valen as letras: para dar conversa.

R.R. ha detto...

Respondo: con sorte, para iso.

Xaime ha detto...

Véñase para Lugo, hóm