![](http://3.bp.blogspot.com/_WLpn6v87-v4/Rvlij1oI4HI/AAAAAAAAAyo/vWBbavHwy98/s320/A_NOSA_TERRA.jpg)
![](http://2.bp.blogspot.com/_WLpn6v87-v4/RvlifloI4GI/AAAAAAAAAyg/w3v90nUw8vg/s320/TABERNA_DO_ESPA%C3%91A.jpg)
![](http://1.bp.blogspot.com/_WLpn6v87-v4/RvlibVoI4FI/AAAAAAAAAyY/9dA_C8aQa0k/s320/MESON_D%27ALBERTO.jpg)
![](http://2.bp.blogspot.com/_WLpn6v87-v4/RvliWloI4EI/AAAAAAAAAyQ/75tTa8haPvI/s320/MESON_DA_AUGA.jpg)
![](http://1.bp.blogspot.com/_WLpn6v87-v4/RvliRVoI4DI/AAAAAAAAAyI/3EUDAgR728s/s320/LA_SUCURSAL.jpg)
![](http://2.bp.blogspot.com/_WLpn6v87-v4/RvliLloI4CI/AAAAAAAAAyA/jEpZ9CnMBHA/s320/ESPA%C3%91A.jpg)
Por esta orde: A Nosa Terra, Taberna do España, Mesón de Alberto, Mesón de Auga, La Sucursal e España.
Non teño palabras, agás as de agradecemento ao amigo Xaime da Pena, que foi quen mas enviou. Adicado a todos os lugueses e luguesas, pero cun especial recordo para o propio don Xaime, a don Xosé M. González e para os irmáns G. Neira, ilustres poboadores (uns máis e outros menos) daquela cidade amurallada, de portas sempre abertas.
9 commenti:
Que boa pinta ten todo
arumeeeeeee! son as 21.10, estou no xornal e morro de fame!!
A última vez que estiven no Alberto había moita xente; en realidade estaba ateigado. O prato estrela puxéronmo queimado. Desde aquela non volvín.
Abrir este post ás 14,20 h., como fixen eu, é case un crime...
Pois Lugo abre a porta grande o vindeiro día catro. Pense o master dos blogs nunha posible convención luguesa e outoniza para calquera ano destes.
Para tanto gurmé como hai por aquí: oín falar onte na radio dun libro adhoc dun tal Manoel Can, "Crítica da ración pura", por se alguén lle interesa.
E tamén falaron doutro, este dun afamado gurmé nacionalista: "Somos unha ración"
Deso en Lugo non puxeron, de momento....
O xurado decidiu que a Tapa da Nosa Terra foi premiada como millor tapa tradicional e a do España foi distinguida pola súa presentación e innovación, resultado que xa lles adiantara o 24 de Setembro no que fixen de pitoniso.
Posta un commento