Caxigalines nella Reguera'l Campizu

7 settembre 2007

UNHA VERGONZA, UN CRIME

Unha das tormentas (en aparente vaso de auga) políticas do verán en Italia xurdiu cando un deputado de Rifondizione Comunista, ao comentar o elevado número de mortes por accidentes no traballo (morreran dous xoves o mesmo día), apuntou por responsabilidade criminal aos ministros que elaboraron a lei laboral aos que chamou directamente asesiños. As palabras do deputado lembraron a moitos os discursos do terrorismo dos anos 80 e pediron ao presidente do partido, Fausto Bertinotti, que desacreditara ao seu deputado. Un dos ministros aludidos, ademáis, fora víctima había un ano da reaparición das Brigate Rosse e, polo tanto, o comentario quedou baixo sospeita. Os xornalistas, en xeral, amonestaron a conducta do deputado, con palabras moi duras. Pero, salvo excepcións, pasaron por riba sobre a denuncia.

Hoxe lembro ese episodio cando vexo que día tras día nos xornais aparecen novas de mortes en accidente. Onte escoitei na radio que nada menos que 1300 persoas morreran no que vai de ano en accidente laboral. Xente xove case sempre, en oficios, coma o da construcción, de precariedade absoluta cando non de escravismo e destaxismo a mans cheas. Todos os días aparecen, do mesmo xeito que as noticias sobre Irak ou sobre a fame e a pobreza noutros países do mundo (e mesmo nos nosos), como unha ledaíña molesta que pasamos sen case atención. Hoxe, no Faro de Vigo a estampa deses mariñeiros peruváns que perderan o seu compañeiro na mar, coma onte os de Barbate non poden ser episodios cotiáns. A octava potencia mundial e de parte do estranxeiro, cunha macroeconomía que avanza ao 4% anual, cuns niveis de crecemento (para arriba) históricos, non pode permitir ese sangue nas rúas, nas estradas, baixo andamios, entre ferros retortos. Unha vergonza de país.

Nessun commento: