A política social dos gobernos progresistas tanto monclovita como sancaetanita tenden a unha forma moi sofisticada pero diáfana de reparto de agasallos a tutiplén. A fórmula consiste en poñer un límite por arriba de ingresos salariais (non sempre) e despois facer o cálculo dos cartos que van repartir. Así conceden 300 euros para ordenador e cursos de idiomas no estranxeiro para os que están nun curso determinado. Gratuidade dos libros para todo quisque. 210 euros para o aluguer de casas. E moitos máis exemplos.
Este xénero de repartos non parece igualitario. Probablemente evita complicacións técnicas ou sistemas máis burocráticos, pero parece evidente que non todo o mundo precisa deses cartos para eso. Uns máis e outros menos. No reparto tamén de retribucións, vexo que últimamente prefiren este mecanismo, porque arbitrar sistemas de distribución máis acaída non resulta doado e tiran polo medio: café para todos.
En calquera caso, falta unha programación a longo prazo. Claro que con eleccións cada tres ou catro anos e, nalgúns casos, con cambio na conselleiría ou no ministerio que conleva un cambio radical (e eso dentro do mesmo partido: imaxinemos se son de distinto) de persoas, plans e máis cousas, é moi difícil plantear medidas máis profundas. Así, non estraña nada que chegados os tempos electorais saquen esta ristra de medidas aparentemente atractivas que son, no fondo, estrictamente inxustas.

3 commenti:
Sr. Arumes, vostede e eu que pagamos impostos como cabróns deberíamos rebelarnos e declararnos como moitos outros en obxección fiscal e mandar todo o carallo.
Estas historias de subvencionar a todo cristo con regalías a costa dos impostos de todos nós, só as poderiamos entender nun país que se voltou tolo.
Namentras, e non quero dicir que comulgue co francés, en case toda na zona € hai un canguis acojonante pola crise financieira, a tardanza da recuperación alemana, e reprantexamentos sobor da alegría económica pasada, como vostede coñece tan ben sobor de todo en Italia, aquí co superavit fiscal un ... -non teño palabras para insultalo- en vez de baixar a presión fiscal que está demostrado é unha das poucas maneiras de manter o nivel de consumo-gasto e aforro, unhas das garantías económicas de modera-la inflacción, se adican a prometer antes das eleccións, diñeiro público e regalos como vostede dí.
No artigo de Barreiro da Voz de Galicia de hoxe, tamén brama por estas historias, aínda que un exemplo vale máis de mil palabras.
Miña nai, Mercedes Ceide González, D.N.I. Nº 33.594.269, de 78 anos, vive con unha pensión de viúva de 493 € e está asombrada de que ningúen lle subvencione o dentista, os libros nin os xornais que tódolos días merca, e para amañar a súa casa para que os seus netos de vez en cando durman canda ela, pídenlle o aval dalgúen que teña nómina, xa que a súa pensión non é suficiente.
Mándeme o carallo a mín tamén por andar a pensar nestas historias, transmitirllas na súa casa e utilizar a súa hospitalidade para desafogarme.
Xa non é só a presión fiscal, da que só se poden librar os que teñen ao seu alcance modos de "enxeñería fiscal" (é dicir, os moi ricos), senón sobre todo como se mal utilizan despois os recursos públicos, cunha alegría no despilfarro que moitas veces produce medo e irritación. Por exemplo, lin o outro día que cada cidadán (a través das axudas e subvencións das administracións locais, autonómicas e estatais) sufraga con corenta e pico euros per cápita toda unha serie de actividades relacionadas co mundo do touro (escolas de tauromaquia, encerros, corridas, etc.).
Con todo, eu son favorable a que se implementen determinadas axudas aos menos favorecidos (pero non para os que van de menos favorecidos e en realidade...).
O café para todos é, evidentemente, un problema, pero non teño moi claro cal pode ser a solución.
Estamos fodidos!
"falta unha programación a longo prazo" e falta unha política distributiva da riqueza, engadiría eu. Esta substitúese moi fácil por unha política retributiva, algo que poderíamos chamar a "economización" (termo paralelo ao de xudizalización, para que me entenda máis rápido) da política social ou da política a secas. Igual que cando hai un problema legal en vez de discutir, negociar, reformar, pactar, formular, pois van ao tribunal supremo ou ao constitucional, cando hai un problema social póñense cartos e xa está.
E con eleccións á vista, xa me contará.
Posta un commento