Caxigalines nella Reguera'l Campizu

25 settembre 2007

MARIA MOLINER, O TRIUNFO DO TEIMUDO TALENTO


130 euros costa a nova edición revisada e actualizada dese monumento cultural que é o Diccionario de uso del español, máis coñecido polo nome da súa excepcional autora, María Moliner. O María Moliner sae renovado para seguir dando batalla ao DRAE, como nos seus primeiros tempos cando a grande María Moliner decidiu adicar o seu tempo á redacción dunha obra que hoxe parece imposible para unha soa persoa. O seu fillo adicou hai algún tempo unha semblanza ben emotiva da súa nai, onde explicaba con todo detalle as penalidades desde a infancia, o seu entusiasmo na República coa adicación ás misións pedagóxicas e a elaboración de plans para bibliotecas, os anos difíciles tras a guerra, de privación (o seu marido foi separado da cátedra de física, aínda que ela seguiu a traballar de bibliotecaria en Facenda en Valencia), e os anos, despois de 1953, adicada case en exclusiva a elaboración paciente do Diccionario. A enfermidade do esquecemento radical, o alzheimer, pugnou contra a súa vontade e a súa intelixencia nos últimos días da súa vida. O legado de María Moliner non sólo, por suposto, consiste nun diccionario extraordinario, senón na súa capacidade de traballo, de rigor, de adicación esforzada para conseguir un propósito. O María Moliner renovado é unha homenaxe á súa fascinante vida.

Hoxe lembreina porque chegou a mín publicidade do seu libro, pero tamén porque, despois de ler o xornal e ver, por exemplo e perdón pola comparación odiosa, a composición do Buro batzar do PNV, todo de homes, os gobernantes na ONU, todo homes, e varios lugares máis nos que non se ve ningunha muller ata chegar ás páxinas de xente, onde si, aparecen todas e ademáis en grupos co propósito de gañar un premio de beleza amosando o seu "lato B", pois dixen, aquí vai no mesmo sitio unha homenaxe e unha denuncia clamorosa.

2 commenti:

occam ha detto...

eu teño a edición do 97, e nela descubrín con gran sorpresa un erro. Trátase da terceira entrada do A que dí: "símbolo químico del argón".

O certo é que o argón é un gas noble de símbolo Ar.

Está claro que ata os grandes trabúcanse

Lula Fortune ha detto...

"...si los hombres acreditan su capacidad por las obras que hacen, y los raciocinios
que forman, siempre hay mujeres, que hagan otro tanto, no será temeridad igualarlos,
deduciendo que unos mismos efectos suponen causas conformes."

Discurso en defensa del talento de las mujeres y su aptitud para el gobierno (1786). Josefa Amart.