Acabo de presenciar un feito insólito: nunha canle de televisión, á hora de máxima audiencia, un cómico comenta unha pasaxe do Canto V do Inferno de Dante e a continuación recita íntegro tal canto de memoria, cunha emoción e intensidade únicas. Insólito é ver hoxe ás 10 da noite a Roberto Benigni na Raiuno, nun esceario completamente limpo, cun atril onde repousaban as terzinas de Dante, suspenderse sobre as súas propias palabras e acadar un instante de plena felicidade na delectación lenta, paseniña, dun par de versos: "la bocca mi basciò tutto tremante", "e caddi come corpo morto cade". Para o vindeiro mércores 12 voltará o grande Benigni, nacido en Manciano, a poucos kilómetros de Castiglion Fiorentino, onde o tempo sempre se detén para contemplar as estrelas.
ACTUALIZACIÓN: Aquí podedes ver o seu recital.
8 commenti:
Dez millóns de persoas diante do televisor en Italia. Mesmo eles están sorprendidos de que a lectura de Dante en horario de máxima audiencia poda atraer tanto. Claro que Benigni é moito Benigni. Cal sería o actor ou actriz galega que puidera facelo na tvg?
Para equivaler, tería que ter uns seiscentos mil espectadores. Non sei se Os Tonechos, e perdóeseme a vulgaridade; pero o ensino obrigatorio leva pouco tempo e non moi boa estratexia para conseguir tal efecto.
Experimento? Propoño a Isabel Blanco e unha selección de Rosalía. Ou Ernesto Chao (tomado en serio) cunha escolma -modernizadae intelixible- de cantigas trobadorescas.
Mellor unha fémina.Dun xeito que desperte, nos homes, o sexo; e, nas mulleres, a envexa.
Pois debeu de ser un momento ben intenso.
A cuestión é que ademáis de recitalo de memoria tería que comentalo, coa ardente paixón con que vin o outro día ao excepcional cómico italiano. Quen puidera comentalo!
Terémonos que conformar con Superpiñeiro facendo algunha rima
A ver, Arume, se lle chegan a dar a contrata eu ofrézome para a escolma, comentario e recitación; téñao en conta e non é broma. Admito incluso que antes me proben; comentando e recitando, claro.
Estou seguro. Agardemos sermos oídos polas instancias tevegás.
Posta un commento