Caxigalines nella Reguera'l Campizu

3 novembre 2007

PARABENS, XESÚS FRAGA


Arthur e George, libro aquí comentado e loubado con entusiasmo total, está hoxe de número un no ranking de libros de ficción en galego. Desde aquí, a miña noraboa a Xesús Fraga, traductor desta obra mestra, destinada a pasar á historia da literatura.

12 commenti:

Anonimo ha detto...

E que tal está esta tradución ao galego? É recomendable? Tiña pensado ler a novela no Nadal, por iso pregunto se convén ler máis a tradución galega ou a castelán. Eu prefiro a mellor, estea nun ou noutro idioma: o caso é disfrutar da obra.

Anonimo ha detto...

Desculpe que use este fío pra un comunicado persoal,Arume d.p.
Veño de cear coa miña dona do "Prada a Tope" de Vigo.
Deixéi pagada unha botella de champán "Xamprada" pra que vostede a recolla e a beba á miña saúde.
Queda á atención do seu nick.

Anonimo ha detto...

Escribo desde o hotel.Veño de sorprenderme de que teñen xa colocada a ornamentación navideña.
Por certo.Ceamos bén no "Prada".Eu xa o coñecía.E a "Moncloa" e o de Cañedo en Ponferrada tamén.Ceamos na mesa do fondo ó lado do extintor e dun cadro sen firmar que tén toda a pina de ser de Vidal Souto.Non esqueza recoller a botella.

Anonimo ha detto...

Que gran tipo o amigo Da Coba. Detalles coma este falan moito dunha persoa.

Anonimo ha detto...

A medio camiño da versión española e, por interese literario e histórico, decidín acudir á versión galega, que en Rinoceronte ofrecen en descarga gratuita, por ver se algunhas cousas que alí se contan de certa erudición podían ser esclarecidas atopei para fortuna que a versión de Fraga estaba mellor detallada, mellor documentada e incluía algunhas notas aclaratorias extraordinarias. Continuei, pois, coa versión galega, aínda que teño que recoñecer que a deformación profesional pode conmigo e acudía de cando en vez ao cotexo de ambalas dúas versións. En todo caso, amigo Apicultor, a versión de Fraga, non sendo eu traductor, nin tendo grande idea diso, é excelente. E a verdade que me sorprendeu moi gratamente comprobar que tras moitos meses de edición o libro de Barnes acada semellante e merecidísimo posto.

Anonimo ha detto...

O seu, amigo Xan da Coba, é xa máis ca admirable. Non dubide que mañán mesmo irei ao Prada para recoller semellante agasallo que emociona. Por favor, sírvase do meu correo electrónico para o que haxa mester: arumesdospinheiros@hotmail.com.
Temos que vernos. Chame antes.
E teño que confesar tamén que me fixo moita ilusión que tamén durante esta fin de semán o amigo Xaime da Pena me chamara por teléfono para quedar e vernos.
Moitas gracias: esto dos blogs é a hostia en verso.

Anonimo ha detto...

Mercarei sen falta a versión galega, xaora, dado que vostede recomenda libro e tradutor.

Mañá non sei se non lle estará pechado. Moitos restaurantes pechan os luns por descanso. Que lle preste o cava, saúde.

Xaime ha detto...

E digo eu, Sr. Apicultor que se lle ven maneiras e dotes de interlocutor creíble, namentras vostede despista e entretén o Arume, me presento no Restaurante de marras, dou a clave e me entregan a botella de cava e nola bebemos entre os dous a saúde do Xoan da Coba e do seu agasallado, que lle parece.

Anonimo ha detto...

Paréceme unha excelente idea, don Xaime.

Xaime ha detto...

Onde quedamos, que xa teño o champán.

Anonimo ha detto...

Xa falaremos, don Xaime. De momento póñao a arrefríar.

Xaime ha detto...

Ta ben