Caxigalines nella Reguera'l Campizu

24 dicembre 2007

ANTES DE NOITEBOA


Subimos onte ao mirador de san Pedro en b/volandas. Mirabamos para o porto exterior de Ferrol e para a torre de Hércules mentres ascendiamos gratuitamente ata nova orde. Comprobamos o gusto entre anglo e xaponillo dos ilustradores de xardíns coruñeses, cun cespede máis que mol e unhas penas sobresaíntes coma único ornamento. Entramos no labirinto vexetal sen saber (eu) que a claustrofobia tamén vale para estes casos por moito buxo que lle poñamos. Baixamos despois por uns camiños entre arcolitos cara os Rosais, onde os edificios están case metidos entre o bosque, privados de calquera raiola de sol.

Pola tarde, fomos ver en plan familiar La búsqueda, cun Nicolas Cage aconsellado por un esteticién hostil que lle matou as patillas e un ortodoncista cabroncete que lle apilou os dentos baixo o beizos para favorecerlle a impostura. Conseguiu unha persoaxe de videoxogo, postizo e falso, lonxe daquel que namoraba en Rumble fish. En calquera caso, a peli ben merita un aluguer de sábado noite por dúas razóns: a trama aventureira, semellante á anterior entrega, e a presencia inesquecible de Diane Kruger, unha beleza xermana, chea de elegancia e sexualidade desbordantes. Días de nadal, familiares, tranquilos, perfectos para repousar a dixestión das casadielles de mamma Tere, unha institución a proba de calquera dúbida. Unha casadiella, pois, para celebrarmos as festas.

6 commenti:

Anonimo ha detto...

Felices festas, Arume dos piñeiros. E grazas por traerme vellas lembranzas da Coruña.

Anonimo ha detto...

Esa peli é a que vai dun cazatesouros que anda á procura dun tesouro cuxo plano se agocha na Declaración de Independencia dos EE.UU.?

Anonimo ha detto...

Esta é a secuela ou repetición da xogada. Para pasar un par de horas, sen nengunha pretensión. O mellor, a elegancia de DK. Con eso esta todo dito.
Onte fun ver a de Will Smith, a primeira media hora paga a pena, pero o resto pouco a pouco ao carallo.

Anonimo ha detto...

Non sabía que había unha secuela. Os da Disney Factory saben coma ninguén expremer o filón até o derradeiro céntimo de dólar.

Admiro, prezado Arume, a súa innata capacidade para tirar partido de todo. Neste caso o de saber apreciar os encantos da actriz alemá, "chea de elegancia e sexualidade desbordantes", nunha película para todos os públicos.

Non dubide de que, levado polo seu fundamentado e máis que contrastado criterio, a hei de alugar no vídeo-club máis próximo máis pronto que tarde.

Will Smith, en cambio, xa non me tira tanto.

Xa ve: cousas.

Anonimo ha detto...

Lembre vostede a Halle Berry nos Picapiedra.

Anonimo ha detto...

Iso son palabras maiores. Tampouco sabía que había unha secuela dos Picapiedra. Teño que poñerme ao día e saír deste desfase insoportable, está clarísimo. O vídeo-club vai facer o agosto en decembro a miña conta.