Caxigalines nella Reguera'l Campizu

4 dicembre 2007

FIU DE MINERU


Hoxe é Santa Bárbara. En tal día, meu pai quita corbata de (máis) luxo, encende as galas con traxe novo e vai celebralo cos compañeiros de traballo. Desde que tiña uso de razón, desde os 16 anos en que comezou a entrar na mina de guaje ata hoxe mesmo en que, xa xubilado, foi despedirse, con outras 90 persoas, da mina a ceo aberto de As Pontes, por onde moran agora corzos e xabaríns á espera de que enchan de auga o grande furado que escureceu a paisaxe. Case 60 anos, co horizonte de carbón, travesas polas trincheras do monte, canxilóns, cintas transportadoras, vagóns, postes, lámparas, grisú, apiladoras. Todo negro, salvo eses ollos azuis que resaltaban nas fotografías que non conservo. Hoxe é Santa Bárbara e meu pai está a celebralo.

7 commenti:

occam ha detto...

extraido da wikipedia en Asturianu:

Nel Pozu Maria Luisa (tamién conocía como Santa Bárbara o Santa Bárbara bendita) ye un cantar tradicional de los mineros asturianos y llioneses.

Nel pozu María Luisa
Trailarai larai, trailarai
Nel pozu María Luisa
Trailarai larai, trailarai
Morrieron cuatro mineros
mirai, mirai Maruxina, mirai
mirai como vengo yo

Traigo la camisa roxa
Trailarai larai, trailarai
Traigo la camisa roxa
Trailarai larai, trailarai
De sangre d'un compañeru
Mirai, mirai Maruxina, mirai
mirai como vengo yo

Traigo la cabeza rota
Trailarai larai, trailarai
Traigo la cabeza rota
Trailarai larai, trailarai
Que me la rompió un barrenu
Mirai, mirai Maruxiña, mirai
mirai como vengo yo

Santa Bárbara bendita
Trailarai larai, trailarai
Santa Bárbara bendita
Trailarai larai, trailarai
patrona de los mineros
Mirai, mirai Maruxina, mirai
mirai como vengo yo
Patrona de los mineros
Mirai, mirai Maruxiña, mirai
mirai como vengo yo

Eltuermanín ha detto...

Y que contentu que taba papá ayer! Y que guapu, mecagoental! Ye lo que tien ser de los Pontones, amigu!

r.r. ha detto...

Qué traballo heroico, mimá. ¡Que teña un bo día o seu pai!

E vostede e el seu irmanín, a pedirlle ó vello información e a escribir sobre o asunto. ¿Ou vaime dicir que non é literario? E de paso, pregunta de concurso de ignorante ou desmemoriado ó respecto: ¿obras literarias relacionadas coa minería? (Tictactictactictac...)

O dito: que o pase ben o vello e a familia e amigos todos. E que sexa por moitos anos.

Abrazos.

Xaime ha detto...

Feliciteo da miña parte, e fagao extensivo a toda a súa familia.
Dende Lugo, moitos abrazos

Ana Bande ha detto...

Unha aperta para toda a familia, preciosa foto...

apicultor ha detto...

Felicite tamén a seu pai da miña parte.

torredebabel ha detto...

non fai tanto, aqui no sur do país, no sur do mundo, no sur da humanidade, ainda os mineiros pecháronse nunha mina para esixir mellores condicións de traballo. Moita razón leva r.r.:«Qué traballo heroico, mimá».