Caxigalines nella Reguera'l Campizu

28 dicembre 2007

O BOMBILLA


Engalana a rúa Galera no cruce con Torreiro e alimenta a cidade desde o ano 1932. Ateigado sempre (amplía o negocio á mesma rúa) e atendido cunha amabilidade mítica, ofrece ao visitante croquetas, bisté con patacas e pementos, tortilla, chourizos, empanadiñas polo módico prezo de 1 euro por tapa. Sempre que vou a Coruña, non podo deixar de visitalo. É o meu bar favorito e, gracias á sua inigualable fasquía, engrandece e ilumina a cidade máis ca calquera novidade arquitectónica. Mirar para os servilleteiros feitos con botes de colacao resulta máis emocionante e grandioso que agardar cola (un dicir) para ver a última exposición da Barrié ou da Fundación Seoane. Longa vida á barra onde latexa a máis poderosa vida desta cidade. Se non pasas polo Bombilla, non coñeces A Coruña.

1 commento:

Anonimo ha detto...

Moito bo: O Pradenda, Calle Méjico