Caxigalines nella Reguera'l Campizu

18 settembre 2008

BOYERO E KIAROSTAMI


Acabo de facer unha anotación, de publicala. E desapareceu. Levoume tempo. Pero agora non teño ganas de refacela. Falaba de crítica cinematográfica e da polémica entre Boyero e uns cen tipos que non aceptan a súa persoal e intransferible forma de ver o cinema e que acuden ás cartas ao director de EL PAÍS en auxilio dos seus dereitos. A mesma fórmula que emprega un distribuidor e amigo do acusado para defender a liberdade interpretativa de Boyero. 
Eu non son devoto nin moito menos de Boyero, pero que os asinantes censuren ao censor non deixa de ter certa gracia, sobre todo con algúns deles, a quen tiven a fortuna de coñecer en conversas onde o insulto e a descalificación da obra doutros (con palabras semellantes ás que denigran en Boyero coma snobs, cursis, miopes, adxectivos por outra parte moi propios do gremio) era moeda habitual. O que non soportaron estes mandaríns do cinema é que Boyero saira da sala onde se proxectaba a última de Abbas Kiarostami: probablemente non sexa moi profisional, pero si fieramente humano. A frase coa que remataba o parágrafo quedará sempre na memoria: "la vida es muy corta para desperdiciarla con tonterías disfrazadas de arte". 
Non sei quen ten razón nesta liorta, pero hai que recoñecer que de cinema todo o mundo presume saber a intemerata e non se corta á hora de emitir os xuízos. Non é menos verdade que a crítica cinematográfica depende máis das filias e fobias (alimentadas por veleidades irracionais) do espectador ca dun razoado e meditado labor hermenéutico. Seguimos atentos á pantalla neste asunto que promete días de gloria.    

4 commenti:

Anonimo ha detto...

Carlos Boyero, Carlos Pumares, Antonio Gasset...

Recoméndolle o (video-)blogue "Carlos Pumares habla":

http://blogs.hoycinema.com/pumares/

Que de recordos nos trae a pumaresca!

Anonimo ha detto...

A min os críticos caenme, por principio, mal. Non saben máis ca miles doutros sobre calquera tema (non hai que máis que dar unha volta polo bloguerío para atopar centos de comentaristas con máis criterio e estilo que o 90% dos críticos profesionais), pero teñen a sorte de que alguén (un primo, un cuñao, un amigo, un despistao) o contratou para que opinara en público. Por algunha razón, iso, que non é máis que circunstancial, faille crer co tempo que sabe máis que calquera outro e que está por riba do ben e o mal.

Anonimo ha detto...
Questo commento è stato eliminato da un amministratore del blog.
Anonimo ha detto...

O tráiler ese que botan nas salas de cine é macanudo. A min xa me disuade de ver o 99% das películas de estrea.

En tot cas, entre tanta diversidade de pareceres críticos, bótase a faltar unha voz poderosa, unívoca, estaliniá, infalible coma o home ou muller do tempo, que nos poida recomendar a película que máis se adapte ao noso "perfil". Tipo "Si te gustó "Fallig in love" te gustará "Out of Africa".

Xa postos, que nos Googlemapeen o coco dunha vez!